Ferido un octoxenario tras producirse unha explosión na súa casa cando tentaba acender unha estufa de gas

O home foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao sufrir diversas lesións

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 23/02/2023 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Un octoxenario resultou ferido ao producirse unha explosión no seu domicilio de Ponteareas (Pontevedra) cando tentaba acender unha estufa de gas. Segundo informou o CIAE 112, o suceso tivo lugar ás 15,00 horas deste xoves nunha vivenda situada na rúa da Castañeira, en Ponteareas.

Debido á deflagración, producida no momento no que tentaba enceder a estufa, o home sufriu distintas lesións polas que tivo que ser evacuado nun primeiro momento ao centro de saúde de Ponteareas e, máis tarde, ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A vivenda rexistrou distintos danos a consecuencia da explosión, que xerou un incendio que calcinou un colchón e uns sofás. Ata a zona mobilizáronse, ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias 061, profesionais do servizo de bombeiros.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: SERGAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta