O BNG pedirá no Parlamento galego a creación de novos xulgados en Ourense

Lembrou que "nos últimos quince anos" a planta xudicial ourensá "apenas sufriu variacións"

Por E.P. | OURENSE | 24/02/2023 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O BNG levará a próxima semana ao Parlamento galego unha demanda para a creación dun novo Xulgado de Primeira Instancia, un do Penal e outro de Violencia sobre a Muller en Ourense. Avanzouno o candidato á Alcaldía de Ourense e portavoz municipal da formación frontista, Luís Seara, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo deputado Iago Tabarés.

Seara lembrou que en "o últimos quince anos" a planta xudicial ourensá "apenas sufriu variacións", "unicamente" coa creación dun Xulgado de Primeira Instancia e dun novo Xulgado do Social co que se pretendía dar resposta ás necesidades da sociedade ourensá, "pero que a día de hoxe é insuficiente".

Expuxo que a situación xa foi abordada no pleno do concello no pasado mes de setembro e que a corporación, por unanimidade, votou a favor da ampliación da planta xudicial e a creación de novos xulgados, pero agora será o deputado Iago Tabarés quen o pida no Parlamento galego.

Tabarés recoñeceu que os xulgados ourensáns "soportan unha extraordinaria carga de traballo", "moi superior" á que o propio Consello Xeral do Poder Xudicial considera como o límite máximo para o correcto funcionamento do xulgado. Así fixo fincapé nas situacións do Penal, o Xulgado de Familia e o de Violencia sobre a Muller.

No caso do Xulgado de Familia, indicou que soporta desde hai anos unha entrada de asuntos "case o dobre do módulo establecido polo CXPX" o que obrigou á adquisición dun xuíz de apoio para "evitar o seu colapso".

Así, sinalou que, segundo a estatística xudicial elaborada polo Consello, o número de entrada de asuntos no Xulgado de Familia alcanzou no 2021 os 2.292, cando o propio órgano de goberno do Poder Xudicial "sostén que o número que podería soportar é de 1.323".

Do mesmo xeito, apuntou que o de Penal tamén soportou un número de asuntos "moi superior ao referido ao módulo" e tamén fixo referencia á situación na que se atopa o Xulgado de Violencia sobre a Muller, onde "deben atender os dos Xulgados de Instrución e participar nas quendas de garda como os demais xulgados do partido xudicial".

O portavoz do BNG en Ourense, Luís Seara, en rolda de prensa. BNG
O portavoz do BNG en Ourense, Luís Seara, en rolda de prensa. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta