Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2023 | Actualizada ás 18:41
O pesqueiro galego Praia Pesmar Un, con base no porto de Marín, diríxese rumbo ao porto de Montevideo para avaliar os danos causados na colisión contra un barco asiático mentres faneaba en augas fóra da xurisdición arxentina.
O incidente protagonizado por este buque que pertence ao grupo Pesqueiras Marinenses produciuse este sábado, segundo confirmaron fontes da Asociación de Armadores de Vigo (Arvi), á que está adscrita a compañía armadora da Praia Pesmar Un.
Estas mesmas fontes apuntan que ningún tripulante do barco galego saíu ferido. Agora, o obxectivo é chegar o porto da capital uruguaia para que os danos causados no casco da embarcación sexan avaliados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.