Paula Prado recalca que Galicia sabe que "pode confiar no PPdeG" e di que en maio sacarán "matrícula de honra"

Constatou que "só a familia do PPdeG é capaz de xuntar a máis de 4.000 persoas nun acto"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/02/2023 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Pardo, participou este luns na reunión da Xunta Directiva Provincial do PP na Coruña, onde presumiu de que os seus chegaron a febreiro "cos deberes feitos" e vaticinou que acabarán o mes de maio "con matrícula de honra".

Prado celebrou o "éxito" do acto de presentación dos 313 candidatos ás Alcaldías galegas, que tivo lugar o pasado fin de semana en Santiago, coa presenza de Alberto Núñez Feijóo, e constatou que "só a familia do PPdeG é capaz de xuntar a máis de 4.000 persoas nun acto".

Así mesmo, trasladou que os 'populares' confían "plenamente" nos seus 313 candidatos ás municipais, entre os que 93 son de municipios da provincia da Coruña. "Temos 313 candidatos conectados coa realidade e 313 equipos centrados en gobernar, non en permanecer custe o que custe no poder", proclamou a secretaria xeral, que recalcou que é "fundamental" que o PP traslade que o seu proxecto "é unha garantía de unidade, estabilidade e responsabilidade", así como "unha alternativa fronte aos pactos de perdedores".

Segundo recalcou o número dous do PP de Galicia, a Comunidade sabe que "pode confiar" neste partido, ao que non lle chega con gañar, senón que necesita unha "maioría suficiente". "E imos a por ela", engadiu Prado, á vez que lembrou que o PPdeG xa goberna en 36 municipios a provincia coruñesa.

Mentres, o presidente provicial do PP da Coruña, Diego Calvo, trasladou que o obxectivo do partido é "aumentar o apoio" en todos e cada un dos concellos, "e recuperar a Deputación da Coruña".

Reunión da Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña.. PPDEG
Reunión da Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta