Educación reduce un 62% as axudas á promoción do galego desde 2009

A Consellería diminuíu de 800.000 euros a 300.000 ás axudas aos equipos de normalización lingüística. Tamén reduciu un 65% o orzamento dos proxectos de innovación en dinamización lingüística.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Desde a chegada do PP á Xunta, a partida destinada ás axudas aos equipos de normalización dos centros públicos descendeu en picado. De feito, pasou de 800.000 euros do curso 2009-2010, aos 300.000 euros deste curso. Unha redución de máis do 62% en seis anos.

Nenos nunha protesta de Queremos Galego
Nenos nunha protesta de Queremos Galego | Fonte: Wsobchak

De feito, a diminución ás axudas ao galego xa data do curso 2011-2012, cando Educación pasou de subvencionar estes equipos con 500.000 euros. Pero, a redución deste curso é case a metade desta cantidade, 300.000 euros. Unha diminución que, curiosamente, foi menor nos centros privados, do 55,4%.

Así o recolle a Orde do 30 de decembro de 2014 publicada o pasado venres pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de titularidade pública para o curso escolar 2014/15. Unha diminución que, ademais, chega logo dos datos oficiais do Instituto de Estatística que testemuñan a perda de falantes da nosa lingua.

Esta redución que xa foi duramente criticada por CIG-Ensino que, a través dun comunicado, xa pediu que se incrementen as axudas para facer “real  e posíbel” a promoción da lingua galega e que estas convocatorias se publiquen no mesmo mes en que se inicia o curso escolar. Ademais, piden que na comisión cualificadora dos proxectos de innovación participe o profesorado integrante dos equipos e que na comisión cualificadora das axudas se incremente a súa presenza, nomeándoo por sorteo.

De feito, CIG-Ensino lembra que vén reclamando reiteradamente que a convocatoria de axudas se realice co inicio do curso, “mais a Consellaría persiste en que isto non sexa así, facendo inviábel que se poidan realizar actividades normalizadoras durante o primeiro trimestre”. E é que, a convocatoria chega case a mediados do curso.  “E pretenden que pensemos que así se fomenta o uso da nosa lingua? Que actividades se poden programar cando non se coñece a convocatoria das axudas até o segundo trimestre do curso e non se sabe se se terá ou non axuda económica, nin a súa contía até que o curso remata? Como se pode interpretar isto se non é como desleixo e desprotección da nosa lingua por parte de quen ten a responsabilidade maior de promovela?”, pregúntanse.

O venres tamén se fixo pública a convocatoria dos proxectos de innovación en dinamización lingüística. Unha convocatoria para a que remata o prazo de presentación nun mes, a contar desde o 9 de febreiro en que se publicou na web da Consellaría. Tamén neste apartado, se reducen o numero de proxectos premiados, unha vez máis cinco, en lugar dos dez convocados en 2008, ou os sete de 2009. E é que a redución do orzamento destinado, que neste curso tampouco superará os 10.000 €, supón un 65% desde a entrada do PP na Xunta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

20 Fe-rrrrrrrrín

Dicide que si. Por culpa dos recortes ao galego estou sen Audi A8 e sen chofer. Que menos para un patriota galego como eu cunha mísera pensión.

19 Glhory LaGo Rina

Hoy tas lucido Nicolasito... ya tienes por lo poco 15 nicks...y los castrejos alporizados...y yo me escarajo desde mi chale de San Ginés...y la vaca en el maiz... De seguir así te voy nombrar coronel del ejercito pilingue.

18 Chili Ola

¿E da posibilidade da intervención da Fiscalía polo que denunciou onte Alonso Montero na canle de tv da Voz sobre que Axeitos e Ferrín, a mais de meter a dedo aos parentes na RAG, levanban mil pavos ao mes por gastos de representación dos que non tiña constancia o tesoureiro nin a RAG, desto amiguiños, que dicides?

17 Undaqui

Eu opino que por moito que os pilinguis tiren estrume para a lingua galega, teñen a española chea de vividores, pecha-bares e parásitos vivindo dos cartos publicos. Hai que pechar xa os chiringuitos da lingua española!!!

16 deferenciados

Por que comentades en Espanhol? sodes como aquela que se pasaba o castelhano por deferencia cara un francés e máis un grego? Porque vós nen a eso chegades, pasarse o espanhol nun medio galego por deferencia cara os nacionalistas espanhois. Que baixo caedes

1 eusin

Concordo totalmente con Diferenciados. Debería estar prohibido totalmente falar en español en medios galegos e mesmo en calquera medio publicado ou difundido na Galiza. A única forma de potenciar o galego é prohibir os demais idiomas, salvo os dos turistas estranxeiros. Os españois, que se fo dan ou aprendan galego.

2 eusin

Ah, tambén que se fo dan os reintegracionistas!!!!!