Educación reduce un 62% as axudas á promoción do galego desde 2009

A Consellería diminuíu de 800.000 euros a 300.000 ás axudas aos equipos de normalización lingüística. Tamén reduciu un 65% o orzamento dos proxectos de innovación en dinamización lingüística.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Desde a chegada do PP á Xunta, a partida destinada ás axudas aos equipos de normalización dos centros públicos descendeu en picado. De feito, pasou de 800.000 euros do curso 2009-2010, aos 300.000 euros deste curso. Unha redución de máis do 62% en seis anos.

Nenos nunha protesta de Queremos Galego
Nenos nunha protesta de Queremos Galego | Fonte: Wsobchak

De feito, a diminución ás axudas ao galego xa data do curso 2011-2012, cando Educación pasou de subvencionar estes equipos con 500.000 euros. Pero, a redución deste curso é case a metade desta cantidade, 300.000 euros. Unha diminución que, curiosamente, foi menor nos centros privados, do 55,4%.

Así o recolle a Orde do 30 de decembro de 2014 publicada o pasado venres pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de titularidade pública para o curso escolar 2014/15. Unha diminución que, ademais, chega logo dos datos oficiais do Instituto de Estatística que testemuñan a perda de falantes da nosa lingua.

Esta redución que xa foi duramente criticada por CIG-Ensino que, a través dun comunicado, xa pediu que se incrementen as axudas para facer “real  e posíbel” a promoción da lingua galega e que estas convocatorias se publiquen no mesmo mes en que se inicia o curso escolar. Ademais, piden que na comisión cualificadora dos proxectos de innovación participe o profesorado integrante dos equipos e que na comisión cualificadora das axudas se incremente a súa presenza, nomeándoo por sorteo.

De feito, CIG-Ensino lembra que vén reclamando reiteradamente que a convocatoria de axudas se realice co inicio do curso, “mais a Consellaría persiste en que isto non sexa así, facendo inviábel que se poidan realizar actividades normalizadoras durante o primeiro trimestre”. E é que, a convocatoria chega case a mediados do curso.  “E pretenden que pensemos que así se fomenta o uso da nosa lingua? Que actividades se poden programar cando non se coñece a convocatoria das axudas até o segundo trimestre do curso e non se sabe se se terá ou non axuda económica, nin a súa contía até que o curso remata? Como se pode interpretar isto se non é como desleixo e desprotección da nosa lingua por parte de quen ten a responsabilidade maior de promovela?”, pregúntanse.

O venres tamén se fixo pública a convocatoria dos proxectos de innovación en dinamización lingüística. Unha convocatoria para a que remata o prazo de presentación nun mes, a contar desde o 9 de febreiro en que se publicou na web da Consellaría. Tamén neste apartado, se reducen o numero de proxectos premiados, unha vez máis cinco, en lugar dos dez convocados en 2008, ou os sete de 2009. E é que a redución do orzamento destinado, que neste curso tampouco superará os 10.000 €, supón un 65% desde a entrada do PP na Xunta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

10 Ola Chili

Falando de chupar do bote. Esta noite dixo Alonso Montero na tele da Voz que Ferrín e mais o seu secretario cobraban como gastos de representación --sen coñecimento da Academia nin do seu propio Tesoureiro-- uns mil pavos cada un ao mes... E digo eu se alguén sabe para que serve a fiscalía.

1 Duarte

E algún pringao de Galiza Nova por aquí traballando gratís total sen que Lobeira (4000 euros mensuais) os invite sequera a unha cervexa

2 Ola Chili

Xa sabemos que a ti te invitan Axeitos ou Ferrín ¿Do tema da fiscalía, da posibilidade de que os actos cometidos polo anterior presidente e secretario da RAG sexan delictivos, que nos contas, meu?

3 Undaqui

Hay que pechar o Instituto Cervantes. 22 cargos a dedo. Isto tamén o pagamos cos nosos impostos... http://www.eleconomista.es/economia...

4 Ola Chili

¿Pero o que cobran no Instituto Cervantes é tamén de tapadillo como fixeron Axeitos e mais Ferrín? ¿E da intervención da fiscalía ti que opinas, meu?

5 Daniela

Pechemos a Telegaita. Cen millóns de euros anuais, para manter maleantes, todos postos a dedo

6 Undala

Eu opino que Undaqui ten moito interese en desviar o tema ao Instituto Cervantes. Á fiscalía tamén? É Axeitos ou Ferrin, ou parente ou beneficiado deles?

7 Opinador subvencionado

Eu opino tamen que os tal Ferrin e Axeitos han devolver o diñeiro cando o sogro de Vence, don Camilo Nogueira que foi eurodeputado polo BNG, devolva os cartos da Sicav de Luxemburgo. Mentres, para non cansar, espero sentado. Agardo que vos teñades paciencia e non aireedes nos demais os pecados que tapades nos amados lideres do chiringuito.

9 Bertiño

Non entredes a responder os comentarios dos membros da cúpula de Galicia Bilingüe que entran aquí a desafogarse coas súas fascistadas e insultos gratuítos.

1 Galiñol

Pues yo creo que es mejor responderles y hacerlo en español, para demostrarles que alguno de nosotros no es un talibán.

8 Bertiño

Non entredes a responder os comentarios dos membros da cúpula de Galicia Bilingüe que entran aquí a desafogarse coas súas fascistadas e insultos gratuítos.

7 fale

A experiencia demostra que eses cartos son tirados, que os equipos de normalización linguïstica son meros chiringuitos de sinvergonzas pero que non valen para nada porque non son quen de promover un maior uso do galego, así que me parece ben a reducción.

1 Bertiño

Tirou? Sacou ou meteu? Pa este p... galizo que gastades..

6 Undaqui

A algúns parece que gastar 10.000 millóns en armamento para o exercito español non lles importa, pero gastar 0.3 millóns en promoción do galego... iso é tirar os cartos...Menos demagoxia e intoxicación!! http://politica.elpais.com/politica...

1 El gran Nicolás

Yo no sé si armar a nuestro ejército es tirar o no el dinero, pero estoy de acuerdo en eliminar esa partida si fuera así. Pero lo que sé es que promover lenguas inútiles y moribundas y que la propia comunidad que las hablaba está abandonando, es dilapidarlo. Y gastorlo en imponer dichas lenguas a costa de los victimarios de esa imposición, es totalitario y antidemocrático.

2 Undaqui

E quén decide o que é util e moribundo? Tí?? A min impoñenme o castelán para realizar calquera trámite na administración do estado ao que lle pago os meus impostos, ou para falar ante un xuíz a quen tamén lle pago os meus impostos. Os cartos dos meus impostos gástanse nunha televisión pública con 4 canais que non emiten nen un minuto na miña lingua. Estudei unha carreira nunha universidade pública galega (tamén pagada cos meus impostos) na que só un 10% das clases se daban en galego. E nós (os que defendemos o galego) somos os impositores??