Educación reduce un 62% as axudas á promoción do galego desde 2009

A Consellería diminuíu de 800.000 euros a 300.000 ás axudas aos equipos de normalización lingüística. Tamén reduciu un 65% o orzamento dos proxectos de innovación en dinamización lingüística.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Desde a chegada do PP á Xunta, a partida destinada ás axudas aos equipos de normalización dos centros públicos descendeu en picado. De feito, pasou de 800.000 euros do curso 2009-2010, aos 300.000 euros deste curso. Unha redución de máis do 62% en seis anos.

Nenos nunha protesta de Queremos Galego
Nenos nunha protesta de Queremos Galego | Fonte: Wsobchak

De feito, a diminución ás axudas ao galego xa data do curso 2011-2012, cando Educación pasou de subvencionar estes equipos con 500.000 euros. Pero, a redución deste curso é case a metade desta cantidade, 300.000 euros. Unha diminución que, curiosamente, foi menor nos centros privados, do 55,4%.

Así o recolle a Orde do 30 de decembro de 2014 publicada o pasado venres pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de titularidade pública para o curso escolar 2014/15. Unha diminución que, ademais, chega logo dos datos oficiais do Instituto de Estatística que testemuñan a perda de falantes da nosa lingua.

Esta redución que xa foi duramente criticada por CIG-Ensino que, a través dun comunicado, xa pediu que se incrementen as axudas para facer “real  e posíbel” a promoción da lingua galega e que estas convocatorias se publiquen no mesmo mes en que se inicia o curso escolar. Ademais, piden que na comisión cualificadora dos proxectos de innovación participe o profesorado integrante dos equipos e que na comisión cualificadora das axudas se incremente a súa presenza, nomeándoo por sorteo.

De feito, CIG-Ensino lembra que vén reclamando reiteradamente que a convocatoria de axudas se realice co inicio do curso, “mais a Consellaría persiste en que isto non sexa así, facendo inviábel que se poidan realizar actividades normalizadoras durante o primeiro trimestre”. E é que, a convocatoria chega case a mediados do curso.  “E pretenden que pensemos que así se fomenta o uso da nosa lingua? Que actividades se poden programar cando non se coñece a convocatoria das axudas até o segundo trimestre do curso e non se sabe se se terá ou non axuda económica, nin a súa contía até que o curso remata? Como se pode interpretar isto se non é como desleixo e desprotección da nosa lingua por parte de quen ten a responsabilidade maior de promovela?”, pregúntanse.

O venres tamén se fixo pública a convocatoria dos proxectos de innovación en dinamización lingüística. Unha convocatoria para a que remata o prazo de presentación nun mes, a contar desde o 9 de febreiro en que se publicou na web da Consellaría. Tamén neste apartado, se reducen o numero de proxectos premiados, unha vez máis cinco, en lugar dos dez convocados en 2008, ou os sete de 2009. E é que a redución do orzamento destinado, que neste curso tampouco superará os 10.000 €, supón un 65% desde a entrada do PP na Xunta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

5 uncalquera

Lingua minguante: http://wp.me/p1NuYX-nk

1 Jose

A fortuna é que o galego é cada día máis un elemento folclórico, como os zocos, os carros ou os chovendos. Cando vén xente de fóra, eu dígolles aos meus fillos que teñen que facer un esforzo para falar algo no vello galego, non no invento que lles impoñen na escola. Queda moi ben e sitúa na súa posición social aos que se lles fala no noso minguante galego.

4 Mc Luhan

Os traballadores da CRTVG cobran o doble que os dos medios privados. Os directivos, máis que Feijoo. Como non van a ser todos do PP?

1 Undeki

Hai que pechala. Menuda mer da.

3 STOP Pilinguismo

Por moito que difame o exército pilingue encabezado polo "Petit Nicolas", os orzamentos da CRTVG (95 millóns) http://galicia.mundiario.com/articu... non son nada comparados cos 300 millóns de RTVE http://www.europapress.es/nacional/... e mailos 115 millóns do instituto cervantes http://www.radiointereconomia.com/2... por non falar dos 2300 millóns do Ministerio de Cultura Español pagado cos nosos impostos

1 Porcayón

106,8 millons de E costaranos a telelixo directamente para o ano 2015. En subvencions encubertas 69,69 millons máis ______ http://www.europapress.es/galicia/n... ____ http://www.diarioliberdade.org/gali...

2 Pace¡iencia

Siguelle faltando moito pra chegar o nivel de derroche do castelan.

3 STOP Pilinguismo

Aprende a ler Porcayón. O orzamento da CRTVG para 2015 é de 106.8 millóns, dos que a xunta aporta 95 millóns. A aportación pública é de 95 millóns.

2 El pequeño Nicolás

Si lo critica la CIG, es la prueba de que al menos en esto Feijóo lo hace bien. Yo personalmente suprimiría de un plumazo los comisarios lingüísticos. Son peste estalinista en rústicogalaico.

1 Presunto_kosher

Moitas gracias por amosar que a CIG vos proe.

1 Undaki

Pola contra destina máis dun míllón de euros para a prensa en español. Cousas veredes. http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Undala

E na telejaita tirou 135 millons de euros. Pero eso non interesa destacalo. Cousas da Cousa.

2 Galiñol

Tirou? Sacou ou meteu? Pa este p... galiñol que gastades..