Pontevedra abre a programación do 8M co despregamento dunha lona na fachada do Pazo Provincial

"Queremos dicir alto e claro que aí está a nosa voz, non imos permitir perder os espazos gañados e imos seguir traballando por conseguir a metade de todo", proclamou a presidenta provincial Carmela Silva.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, e deputados provinciais despregaron este venres desde o balcón da fachada do Pazo Provincial unha lona reivindicativa coa lema "A nosa voz, ou noso espazo, vos nosos dereitos", dando así o pistoletazo de saída á programación do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

"Queremos dicir alto e claro que aí está a nosa voz, non imos permitir perder os espazos gañados e imos seguir traballando por conseguir a metade de todo", proclamou Carmela Silva. A mandataria provincial cargou contra "os discursos do negacionismo da desigualdade, das violencias machistas e as dificultades que temos as mulleres".

A defensa dos dereitos das mulleres é, segundo recalcou a presidenta, un proxecto colectivo de todo o Goberno provincial "e imos loitar porque ninguén sexa capaz de arrincar ningún paso avanzado". Carmela Silva asegurou que os dereitos "van ser defendidos polas mulleres, pero tamén polos homes que nos acompañan nesta loita". O vicepresidente provincial, César Mosquera, subscribiu esta mensaxe subliñando que "unha máxima da Deputación é ter unha sensibilidade especial e unha liña política centrada na igualdade".

O despregamento dunha lona na fachada do Pazo Provincial de Pontevedra abre a programación do 8M. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O despregamento dunha lona na fachada do Pazo Provincial de Pontevedra abre a programación do 8M. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta