Teléfono do voluntario

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade acaba de poñer en marcha o teléfono do voluntariado, 900 400 800, para aqueles voluntarios que queiran axudar na defensa do monte galego. Dende este teléfono vaise coordinar todo o dispositivo de voluntariado en materia de incendios forestais e vanse intentar canalizar as mostras de axuda e solidariedade que se reciben en todas as áreas do Goberno galego. Máis información aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/08/2006 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 pontevedra123

Espero que pronto remate este pesadelo e podamos falar con tranquilidade de que facer con tanto estrago.
A idea coa que me quedo é a do corte de pelo. Fagamos un corte ao número 1 ou 2, ben cortiño, para que crezca con mais forza e mellor. Asegurémonos ademáis de que botamos un bo crecepelo, eu propoño esencia de carballo sobre todo, para que non nos crezca esa merda de eucalipto que nos levou ao de estes días.
Todos a repovoar os montes con especies autóctonas e madeiras nobles, para ter un monte auténtico e non esta merda de eucaliptais=madeira barata para ENCE.

Adiante Galiza

9 eu

para Xose Castro:
recordo ben a palabra vergoña, pero o que tes que facer e segar menos as tuas informacions e poñelas completas.
efectivamente ise membro de nunca mais ten razon, agora non necesitamos un nunca mais coma aquel, aquel que loitou cando se nos dicia, q era so un petroleiro avariado, ou cando se nos dicia que mandandoo mar adentro afundiria e quedaria co chapaPPote dentro, aquel NUNCA MAIS que pedia q non se nos mentise candose nos dicia que eran so uns "hilillos" ou que non habia marea negra, cando dician na TVG que as nosas praias estaban esplendorosas e cambiabas a Tele5 e vias coma chegaban os mariñeiros a carnota cos seus barcos cheos do PPetroleo, non fai falla un nunca mais que chame a movilizacion cidada contra a inoperancia do goberno, xq hoxe estan todos case o pe do lume (incluso rajoy apagando un lume cunha mangueira, ese si que non te vergoña, quere facernos parvos ou tomarnolo pelo), hoxe hai mais brigadistas que nunca, hoxe esta o exercito axudando. xa pediron axuda a outras comunidades e tamen a europa, hoxe ninguen esta de caza mentres os lumes asulagan o seu pais, hoxe non hai peTROLEIROS.
e outra cousiña, Xose Castro, cando o vicepresidente Quintana di "O Partido Popular ten responsabilidades na crise", a nova segue:"...tras 16 anos de goberno. En primeiro lugar, a súa política económica favoreceu o abandono da agricultura, co que as terras agrarias que rodean os núcleos de poboación quedaron a monte. En segundo lugar, a súa política contraincendios limitouse á extinción, sen tomar medidas de prevención nen investigar os causantes do lume."
a maiores hai que destacar a demagoxia, falta de etica e de toda clase de valores, falta de amor o seu pobo e a sua xente e a sua terra do PPdeG dos seus cargos, alcaldes e concelleiros cando despois de que 33 concellos gobernados por este partido rexeitaran os convenios ofrecidos pola Xunta para formar brigadas, hoxe mesmo anuncien que o PPdeG pola sua conta forma un gabinete de crise cos seus concellos... que pretenden?? gobernar o marxe da Xunta?? ou é para porlles claro os seus militantes en que concellos non poden plantar lumes???

8 Xan

LUMES NUNCA MÁIS
NUNCA MÁIS TERRORISMO FORESTAL


Diante da situación catastrófica que está vivir Galiza por mor da vaga de
lumes forestais que asolan a prática totalidade do país, a “Asociación Pola
Defensa da Ría” quere manifestar o que segue:

1. Estamos diante dunha das maiores catástrofes ecolóxicas da historia do
país.
2. Esta situación, que en nada é nova, non é casual; a política forestal
desenvolvida desde os anos corenta, baseada no monocultivo do eucalipto,
especie pirofítica de escaso valor económico, medioambiental e social,
empobrece e limita a potencialidade do monte galego imposibilitando a posta
en prática dun modelo de xestión sustentábel e creando o sustento perfecto
para o terrorismo forestal.
Hoxe é máis evidente que nunca a existencia dunha clara intencionalidade que
mesmo semella respostar a un fenómeno organizado; a coincidencia e
focalización dos lumes no espazo e no tempo, nas condicións climáticas máis
propicias para facer o maior dano posíbel, e na proximidade dos núcleos
urbanos para crear a maior alarma social e provocar o desbordamento da
capacidade de resposta da sociedade galega no seu conxunto, evidencian a
existencia de tramas organizadas
3. A magnitude da catástrofe fai patente, non só a histórica escaseza de
medios dos que dispón o Goberno galego fronte ao lume, senón tamén a falta
de medidas preventivas que desde logo non se improvisan da noite para a
mañá, e que implicaría unha nova política forestal, sustentábel, no marco
dunha nova economía rural diversificada que, entre outros aspectos, aborde a
vertebración do país fixando a poboación no seu contorno natural.
4. Recoñecendo que, a diferenza doutras catástrofes, o Goberno galego está a
actuar cos escasos medios dos que dispón e informa puntualmente das cifras
da desfeita, cómpre subliñar que unha volta máis é a sociedade galega que
asume o combate en primeira liña
5. Solicitamos das autoridades o maior rigor na investigación dos incendios,
a persecución sen cuartel dos terroristas forestais e o seu castigo
exemplar.


Neste sentido, a APDR fai un chamamento á poboación para que na medida das
súas posibilidades colabore na loita contra o lume, denunciando posíbeis
práticas delictivas contra o medio ambiente e poñéndose a disposición dos
organismos públicos competentes

Pontevedra, 9 de Agosto de 2006.


LUMES NUNCA MÁIS
NUNCA MÁIS TERRORISMO FORESTAL

7 estevo das estrivadas

O BNG INFORMA:


-Existe un novo modus operandi dos incendiarios, dirixido a causar o maior dano posíbel, alarma social, caos e desestabilización, provocando lumes a carón das cidades e das principais vías de comunicación. A isto súmanse as peores condicións meteorolóxicas posíbeis, de carácter excepcional: altas temperaturas, baixa humidade e fortes ventos.


-Estes dous elementos conxunturais súmanse ao gran problema estrutural do medio rural galego: o abandono das terras forestais e agrarias. Hoxe en día, o monte está pegado aos núcleos de poboación, o que aumenta o risco para a poboación.


-A consellaría de Medio Rural investiu 70 millóns de euros en medidas contra os incendios: os medios cos que conta Galiza son 4.700 persoas e 38 medios aéreos, entre outros, aos que hai que sumar a axuda de brigadas doutras comunidades. A maiores, aumenta a persecución policial contra os incendiarios. Porén, os incendios provócanse de noite, polo que avións e helicópteros non poden actuar. Ante unha crise tal, por moitos medios dos que se dispoña, sempre serán insuficientes.


-O Partido Popular ten responsabilidades na crise, tras 16 anos de goberno. En primeiro lugar, a súa política económica favoreceu o abandono da agricultura, co que as terras agrarias que rodean os núcleos de poboación quedaron a monte. En segundo lugar, a súa política contraincendios limitouse á extinción, sen tomar medidas de prevención nen investigar os causantes do lume. A maiores, 33 concellos gobernados por este partido rexeitaron os convenios ofrecidos para formar brigadas, polo que as críticas que fan son oportunistas e demagóxicas.


-A superficie que ardeu ata o día 4 de Agosto era a metade da queimada en 2004 no mesmo período. Porén, o goberno galego practica unha política de transparencia informativa e non manipula as cifras para ocultar a gravidade do problema, como fixeron os gobernos de Manuel Fraga.


-A consellaría de Medio Rural está a levar a cabo unha nova política que dará resultados a medio prazo. O principio a seguir é que os lumes se apagan en inverno -prevención fronte á extinción-. Así, estase fomentando a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria e forestal, promóvense medidas lexislativas para obrigar aos propietarios a limpar o monte e estanse a facer repoboacións forestais con árbores frondosas -castiñeiros, por exemplo, máis difíciles de queimar- e non con eucaliptos. Detrás do terrorismo forestal pode estar a intención de impedir estes cambios impulsados polo conselleiro nacionalista Alfredo Suárez Canal.

6 sick

Xose Castro, si conoces la formula para estar a la vez en mas de 100 incendios cuando los provocan , por favor haznoslo saber a todos y dejate de tanta temagogia. Este gobierno esta haciendo mucho mas contra 100 incendios que el Partido Populista con un prestige. En vez de celebrar toda esta desgracia apoltronado en tu silla ya sabes que tienes un telefono al que llamar, hay que trabajar