Petición de oito anos polo ataque dun home con machete en Ferrol que lle chegou a quitar coiro cabeludo a outro

O mozo atacado, de 19 anos, sufriu lesións que precisaron tratamento médico e cirúrxico consistente en cinco puntos de sutura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2023 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Fiscalía pide oito anos de prisión para un mozo de 20 anos por un delito de homicidio en grao de tentativa despois de que o acusado atacase cun machete a outro individuo en Ferrol e chegase a quitarlle parte do coiro cabeludo.

Estes feitos, que proceden do xulgado de instrución número 1 de Ferrol, serán xulgados a partir do luns 6, ás 9,45 horas, na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo o escrito do Ministerio Público, o procesado, un mozo nado en Marrocos, reaccionou "de maneira violenta" cando o atacado, de 19 anos, lle falou durante as festas de San José Obreiro do ano pasado no centro de Ferrol.

O que fixo, segundo o fiscal, foi gritarlle "e con ánimo de acabar coa súa vida violentamente sacou debaixo do pantalón un machete de grandes dimensións que portaba nunha funda, tentando cravarllo en diversas partes do corpo, chegando a pelexar entre eles para quitarllo".

O atacado, de acordo con este relato, "levantou as mans para protexer a zona da cara e do peito, e o procesado co machete deulle nunha man e na cabeza arrincándolle un anaco de coiro cabeludo". Despois disto, o individuo que sufriu a agresión "logrou fuxir".

Como consecuencia, o mozo de 19 anos sufriu, entre outras, lesións que precisaron tratamento médico e cirúrxico consistente en cinco puntos de sutura. Estivo en situación de incapacidade temporal case un mes e como secuelas quedoulle, entre outras, unha cicatriz de cinco centímetros. Por auto de 1 de maio de 2022 acordouse a prisión provisional do procesado, comunicada e sen fianza, por estes feitos.

Xulgados.
Xulgados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta