Cabreados do PPdeG ameazan con quitarlle varias alcaldías con partidos independentes

Entre eles está o alcalde "franquista" de Beade, Senén Pousa, ou quen foi presidente de Portos de Galicia, José Juán Durán.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/03/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O PPdeG está fichando frenéticamente a cargos de Ciudadanos e doutros partidos, entre eles o PSdeG, nun intento de socabar o poder dos socialistas en determinadas zonas, especialmente, na Deputación de Lugo. Con todo, tamén está sufrindo a súa mesma medicina.

Senén Pousa nunha imaxe de smfdiario
Senén Pousa nunha imaxe de smfdiario

E é que destacados dirixentes municipais dos populares anunciaron xa que presentarán listas independentes tras ser apartados da primeira liña política. Así, á espera de que Senén Pousa, o rexedor "franquista" de Beade, materialice o rexistro da formación coa que advertiu que se presentará o 28M tras ser apartado como cabeza de lista pola dirección provincial tamén aparece Independentes por Quiroga, o partido fundado por José Luís Rivera, o concelleiro do PP que abandonou a corporación hai dous meses. E á súa vez, Muros Centrado está liderado por Manuel Lago, que tamén foi edil popular nos 90.

DURÁN CONTRA DURÁN EN VILANOVA

Pero quizais o caso máis significativo é o de Renova Vilanova, formación política que presenta a José Juan Durán como 'alcaldable'. Tras anos sendo un peso relevante do PP na provincia e despois de ocupar a presidencia de Portos de Galicia --cargo no que foi cesado en xullo de 2019--, José Juan Durán non ocultou o seu descontento co partido ao que estivera vinculado e agora tratará de arrebatar o bastón de mando ao seu irmán Gonzalo Durán, candidato popular.

LISTAS INDEPENDENTES

O Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior reflicte, como sempre a pouca distancia dunha cita coas urnas --sobre todo de carácter local--, unha intensa actividade. No total de España, só desde o 1 de xaneiro rexistráronse un total de 97 novas formacións.

E en Galicia, no mesmo período e á espera de formacións xa rexistradas pero que aínda non foron incorporadas á listaxe, inscribíronse no mesmo período polo menos seis: Independentes por Quiroga, Sada Singular, Renova Vilanova de Arousa, Movemento Veciñal de Touro, Muros Centrado e Xunto a ti (de Ortigueira).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta