O I Foro Celta atrasase por "dificultades no transporte" dos dirixentes de Galicia, Escocia, Irlanda e País de Gales

Esta xuntanza de máximo nivel entre estes gobernos tiña como fin reforzar os vínculos existentes entre os países celtas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/03/2023 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

O I Foro Celta previsto para o 9 e 10 de marzo foi posposto a outra datas deste 2023 debido ás "dificultades de transportes" das autoridades previstas de Irlanda, País de Gales, Escocia e Galicia. 

Bandeira dos países celtas
Bandeira dos países celtas

Segundo pudio saber Galicia Confidencial, O consello rexional de Bretaña, a nación celta que organizaba este evento, remitiu un comunicado aos medios nos que indicaba que por mor destas "dificultades", o foro é postposto a outra data dese 2023.  

Tal e como informou GC, Galicia estará presente neste primeiro gran encontro dos gobernos dos países celtas que ten coma obxectivo reforzar os vínculos existentes, promover a presenza das nacións celtas na comunidade internacional e facilitar os desprazamentos dos estudantes nos diferentes territorios celtas.

Eamon Ryan, ministro da República de Irlanda, Màiri McAllan, ministra de Escocia, Lee Waters, ministro do País de Gales e Diego Calvo, vicepresidente da Xunta, ademais do presidente bretón,  eran, inicialmente, os encargados de manter esta xuntanza de máximo nivel para impulsar as relacións destas nacións celtas da fachada atlántica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta