A situación do galego, denunciada perante a ONU

A Mesa pola Normalización Lingüística forma parte dunha delegación da Rede Europea para a Igualdade Lingüísitica (ELEN) que presentará un informe sobre discriminacións linguísticas no Estado español. Marcos Maceira argumenta que “ademais da denuncia internacional cómpre unha resposta ampla e contundente por parte da sociedade galega na manifestación do 8 de febreiro”.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 19/01/2015 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización lingüística, a través do seu presidente Marcos Maceira, formará parte dunha delegación de representantes de ELEN (European Language Equality Network) que acudirá  o 21 de xaneiro á sesión da Revisión Periódica Universal das Naciósn Unidas onde o informe de dereitos humanos do Estado español será revisado polo Reino Unido, Serra Leoa e Macedonia.

Marcos Maceira, terceiro pola esquerda, presidente da Mesa,  canda outros membros da European Language Equality Network
Marcos Maceira, terceiro pola esquerda, presidente da Mesa, canda outros membros da European Language Equality Network

Ademais da Mesa pola Normalización Lingüística, a delegación de ELEN estará composta por Ferran Suay (Acció Cultural del País Valencià ­ ACPV), , Rosa de les Neus Marco (Plataforma per la Llengua, Cataluña), Francesc Felipe, Jaume Fullana e Natxo Badenas (Escola Valenciana).

No informe que se presentará relátanse un amplo número de casos concretos de discrimación lingüística nos países do Estado con lingua propia diferente do español nos últimos anos.

No referido a Galicia trátase de casos que A Mesa como retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas predoutorais por presentar o título universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o noso idioma. No referido ao dereito á educación, o informe sinala tamén "retrocesos a respecto da oficilidade do galego que está a impulsar o actual goberno da Xunta como o Decretazo contra o galego que por primeira vez limita o uso do galego no ensino".

Nos tribunais a Mesa denunciará na ONU casos como a non aceptación dunha demanda en Vigo por estar feita en galego .O informe chega á conclusión de que as autoridades españolas "encoraxan ou cando menos toleran abertamente actitudes supremacistas entre o funcionariado e outros axentes públicos."

Tendo en conta "a grande cantitade de probas detalladas en moitas áreas diferentes" para a Mesa resulta clara a conclusión que "a discriminación contra as linguas propias diferentes do español é sistémica desde o propio Estado, e que esta discriminación está instotucionalizada".

O presidente da Mesa indicou tamén que ademais da denuncia internacional cómpre "unha resposta ampla e contundente por parte da sociedade galega á que chamou a participar tanto nos diferentes actos que a plataforma Queremos Galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

11 Arrememo

E quen financia a toda esta tropa?

1 Glhory LaGo Rina

ya te lo dije iñantes Nicolasito...hay que ir con cuidado cuando de que no te vean cuando repartas los panfletos dentro de los institutos...y la vaca en el maíz!!

10 Arredemo

A asociación de defensa do castelán Galicia Bilingüe anunciou que presentará unha denuncia ante a Secretaría de Política Lingüística para evitar que haxa personas que “se puedan expresar impunente en reintegracionista”. http://temposgalegos.com/2014/04/24...

9 límico

Imaxinade que unha persoa destribúe un produto químico na estrutura da Catedral de Santiago, e os expertos detectan que o seu derrumbe é inminente. Que lle pasaría a esta persoa se é descuberta pola policía?. Unha obra inmensamete maior que a Catedral é o noso idioma, o produto é o decreto do plurilingüismo, e a persóa é Feijóo.

1 Daniela

De eso nada. El producto químico es A Mesa, y los agentes patógenos con los del BNG

2 Arredemo

Galicia Pilingue métese ilegalmente nos institutos para intoxicar. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

8 La vaca en el maíz

Al Consejo de Seguridad. Digo que estos tipos lleven su psicosis al Consejo de Seguridad, porque se trata de un "ataque" a su lingüiña y a sus pretensiones totalizadoras

1 El Pequeño Nicolas

Y cierra España!!

7 Xachegou

Descubrindo o vinculo entre GB e as FAES http://feijoomente.blogaliza.org/?p...

1 pffff

¿E non hai outra fonte que non sexa o pedantón ese?