A conselleira de Igualdade asegura que o Goberno central "é o que máis retroceso está a xerar do feminismo"

Lorenzana sinala a súa preocupación polo "incremento de actitudes machistas" entre os máis novos

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 12/03/2023 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A conselleira de Fomento do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asegurou que o actual Goberno estatal é "o que máis retroceso está a xerar do feminismo, unha maior distorsión".

Así se expresou a conselleira este domingo nunha entrevista recollida por Europa Press, onde lamentou que o Executivo e os partidos que o conforman contribúan ao clima de "radicalidad" actual.

Observa con preocupación o incremento de actitudes machistas entre os máis novos, no que inflúe "a fragmentación que se está observando na sociedade". "Claro que hai matices no feminismo, con cuestións das que hai que falar, pero a base ten que estar clarísima. Hai que lanzar unha mensaxe unívoca por parte de todos os responsables públicos", defendeu.

"Isto está a suceder cun Goberno socialista e con Podemos", sinalou. Aínda que evitou opinar sobre se tanto a ministra de Igualdade, Irene Montero, como a secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez Pam, deberían dimitir, si afirmou que o presidente do Goberno "debería tomar cartas no asunto".

En canto á súa relación con Pam, afirma que é inexistente e afea que se dedique a "atacar as políticas de igualdade da Xunta con mentiras; cunha desvergoña que non vin nunca". Reivindicou ademais ao Partido Popular como "un partido claramente feminista".

Por último, afirma que se avanzou moito en canto a igualdade, aínda que "aínda queda moito por avanzar", sobre todo no ámbito laboral e pola erradicación da violencia de xénero, "que é o problema máis grave que ten a sociedade neste ámbito". Para iso, defende a prórroga do Pacto de Estado contra a violencia, que defenderon "contra vento e marea".

EMPREGO E REFORMA LABORAL

Noutra orde de cousas, tamén valorou a situación do emprego en Galicia. Concretamente destacou que onde máis baixou o paro e mantívose o emprego é no sector industrial. "Hai que seguir avanzando. Esperemos que veñan os fondos Next Generation e que, en dous ou tres anos, podamos avanzar ben nese sector", comentou, engadindo a importancia de orientar a Formación Profesional ao emprego.

A conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, nun acto en Lugo
A conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, nun acto en Lugo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta