Formoso acusa ao PP de recorrer todas as leis que fomentan a igualdade

Lémbralle á conselleira de Igualdade que o PSOE é a referencia en loita polos dereitos da muller.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2023 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia



O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, considerou que a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, tivo un "moi mal día" cando asegurou que o Goberno estaba "a xerar o maior retroceso do feminismo nos últimos anos" e replicoulle que o Partido Socialista é a "referencia" na loita polos dereitos da muller.

En declaracións aos medios antes de participar nunhas xornadas na Coruña, o xefe de filas dos socialistas galegos respondeu ás declaracións efectuadas o domingo pola conselleira na Cadea Ser e sostivo que "todas as mulleres de Galicia están a pensar" que Lorenzana tivo un "moi mal día".

"Non se se está confundida de partido, porque cando o seu partido recorre a Lei de Igualdade efectiva entre homes e mulleres, a Lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou a Lei do Aborto... equivócase de partido", subliñou Formoso.

Tras iso, dixo que o Partido Socialista é unha casa aberta". "Calquera persoa que queira incorporarse e calquera persoa que quere loitar polos dereitos das mulleres sabe que só ten unha referencia política e social, que é o Partido Socialista", apuntou.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso / Europa Press. / Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta