Por E.P. | A Coruña | 16/03/2023 | Actualizada ás 17:08
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou este xoves en Carballo as instalacións da empresa "Metalúrgica BB", beneficiaria do programa Galicia Inviste, e puxo en valor a súa aposta pola diversificación.
Conde sinalou que esta capacidade está a permitir á compañía, con 26 anos de antigüidade e 40 empregados, "interpretar as necesidades do mercado para darlles resposta". Así, Metalúrgica BB, especializada en reparación e mantemento de maquinaria, está actualmente traballando para os sectores madeireiro, alimentario, enerxético e mineiro.
A empresa puido mobilizar 1,2 millóns de euros a partir dunha axuda pública de 360.000 euros, coa que levou a cabo un investimento en maquinaria (dúas tornos novos e unha fresadora).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.