A Xunta apura ao Goberno e Transportes reivindica estar a traballar "con urxencia" no viaduto da A-6

O novo secretario de Estado de Transportes, David Lucas, sinalou que onte rematou a demolición en dirección Madrid

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 17/03/2023 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, apremou ao Goberno nas obras do viaduto da A-6 que se derrubou, en O Castro, ante o que o novo secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, David Lucas, reivindicou estar a traballar "coa maior dilixencia e urxencia" que permite a lexislación.

"A conselleira falaba da A-6... Saben que onte se terminou a demolición do taboleiro da ponte en dirección Madrid. Imos empezar xa cono a demolición do taboleiro en dirección A Coruña, e a idea é que o de Madrid estea terminado este ano e o da Coruña o que vén", destacou David Lucas.

Neste sentido, comprometeuse a "tentar repoñer no menor tempo posible" a infraestrutura.Con anterioridade, a conselleira aproveitou a súa intervención para lembrar que en materia de estradas á Xunta preocúpalle "a reconstrución total do viaduto da A-6".

Guindastres e operarios traballan durante o desmonte das pilas 1 e 2 do viaduto de O Castro
Guindastres e operarios traballan durante o desmonte das pilas 1 e 2 do viaduto de O Castro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta