Unha película sobre o orgullo dunha antiga cidade soviética, premio da 18 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Trátasa de 'Tolyatti Adrift". Tamén foi premiada a galega 'Alén do mar'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2023 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

O xurado da 18ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, promovida polo Museo do Pobo Galego, concedeu o Premio MICE a Mellor Filme na sección Internacional a 'Tolyatti Adrift', de Laura Sisteró, e o Premio MICE ao Mellor Filme Galego a 'Alén do mar', de Eloy Domínguez Serén e Samuel Moreno Álvarez.

'Tolyatti Adrift', producida por Boogaloo Films e distribuída por Begin Again Films, é unha película documental sobre o antigo símbolo do orgullo socialista, a cidade rusa de Tolyatti. O xurado valorou o seu tratamento "a través dunha mocidade sen perspectivas de futuro en constante confrontación coa vida dos seus maiores, unha situación extrapolable a case calquera lugar do mundo".

No caso de 'Alén do mar', na que os cineastas comparten aspectos das súas vidas e traballos en Galicia e Colombia. Sobre esta película, o xurado subliñou o feito de que se penetre nun xénero "tan pouco visitado como é o vídeo correspondencia".

Por outra banda, o premio Agantro á Excelencia Antropolóxica recaeu en 'Detached'; o premio Crea, foi para 'Tatuado nos ollos levamos o pouso', de Diana Toucedo; e o Premio do Público outorgóuselle a 'Malgrat', de Santi Teijelo.

Entrega de premios da 18 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.. MICE
Entrega de premios da 18 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.. MICE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta