O TSXG sinala a "gravidade" de que o Concello de Camariñas "utilizase" á Policía nun caso de "acoso laboral"

A sentenza revela que a muller foi sometida a unha situación "de acoso moral"

Por E.P. | A Coruña | 21/03/2023 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a sentenza de "acoso laboral" a unha traballadora do Museo Man de Camariñas (A Coruña) contra o Concello. Neste fallo xudicial, que desestima o recurso de suplicación presentando polos demandados, advírtese da "gravidade" de utilizar "" á Policía Local neste caso no que se dá por probado o "acoso moral".

Así, o fallo recolle que o relato da sentenza recorrida --e confirmada-- revela que a muller foi "sometida a unha situación de acoso moral, con ataques á súa dignidade persoal e profesional (...) ata o punto de que durante os meses de marzo e abril de 2021, houbo de acudir en varias ocasións aos servizos médicos por crises de ansiedade".

"E o que é máis grave aínda, o día 7 de abril de 2021, seguindo ordes da Alcaldía, a Policía Local presentouse no museo para facer entrega, previa firma por triplicado do contrato de traballo que á muller que, despois de consultar coa súa avogada, rexeitou asinar o documento", engade sobre as ordes recibidas por parte do Concello que dirixe Sandra Ínsua (PSOE).

Ao fío diso, o TSXG lembra que aínda que o alcalde exerce a xefatura da Policía Local, son principios básicos de actuación para os membros deste corpo "impedir, no exercicio da súa actuación profesional, calquera práctica abusiva, arbitraria ou discriminatoria que entrañe violencia física ou moral, con especial atención ás derivadas das desigualdades por razón de xénero.

"ACOSO LABORAL"

O fallo xudicial, que recoñece unha indemnización de 6.118 euros para a afectada (por danos e prexuízos), apunta que os feitos poñen de manifesto unha "situación de acoso laboral determinante dunha lesión síquica na traballadora"

A traballadora prestaba servizos desde o 21 de novembro de 2016, con categoría de técnica de museo, por un salario de 1.672,3 euros mensuais, pagas extras prorrateadas. O 30 de abril de 2019 foi despedida, pero declarouse nulo e obrigouse ao concello a readmitila.

Exterior dos Xulgados da Coruña
Exterior dos Xulgados da Coruña | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta