Morre un home de 89 anos ao sufrir un accidente co seu tractor en Riós

Sufriu unha saída de vía pola marxe esquerda da estrada e terminou envorcado.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/03/2023 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

Un home de 89 anos morreu na tarde deste mércores ao sufrir un accidente co tractor que manexaba no municipio ourensán de Riós. Segundo trasladou a Garda Civil de Ourense, o sinistro produciuse ás 16,15 horas no quilómetro 3 da estrada OU-P-0000, na parroquia de Rubiós.

O tractor que conducía o falecido sufriu unha saída de vía pola marxe esquerda da estrada e terminou envorcado. Ata o lugar mobilizáronse profesionais de Urxencias Sanitarias 061 e da Garda Civil.

Un Home De 89 Anos Morreu Na Tarde Deste Mércores Ao Sufrir Un Accidente Co Tractor Que Manexaba No Municipio Ourensán De Riós. GARDA CIVIL
Un Home De 89 Anos Morreu Na Tarde Deste Mércores Ao Sufrir Un Accidente Co Tractor Que Manexaba No Municipio Ourensán De Riós. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta