Activada unha alerta laranxa para este xoves por temporal costeiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia



A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou un aviso de nivel laranxa para este xoves por temporal costeiro en Galicia.

Así, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso comezará a media mañá deste xoves no oeste e noroeste do litoral da Coruña e estenderase a partir do mediodía á costa suroeste desta provincia, á de Lugo e ás Rías Baixas de Pontevedra. Espérase mar combinado do oeste ou noroeste con ondas de ata 6 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o 112 Galicia informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, áreas como diques ou paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Varios peregrinos realizan o Camiño de Santiago, a pesar do temporal, na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro
Varios peregrinos realizan o Camiño de Santiago, a pesar do temporal, na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro | Fonte: Gustavo de la Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta