Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2023 | Actualizada ás 13:17
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, insistiu en que o Executivo central está "sempre" ao lado dos extraballadores de Alu Ibérica e vai seguir " traballando" para "darlles unha solución definitiva".
Fíxoo a preguntas dos xornalistas sobre a oferta de Resonac Graphite Spain e Ignis Energy Holdings polos terreos da que foi a planta de Alcoa na Coruña, despois Alu Ibérica, na actualidade en venda no marco do proceso concursal e a liquidación do seu último dono.
"Seguiremos traballando con eles e atendendo a solicitude de reunións que podamos ter para darlles unha solución definitiva", reiterou o delegado. "Estamos sempre a carón dos traballadores e imos seguir estando á beira dos traballadores".
"Agora imos ver como se desenvolve o pago que teñen que facer neste caso correspondente ás indemnizacións", puntualizou Miñones. Ao repecto, os exempleados instaron á ministra de Traballo, Yolanda Díaz, a esixir ao fondo de garantía Fogasa a facerse cargo das mesmas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.