O Parlamento reclama impulsar o recoñecemento da docencia innovadora nas universidades

A portavoz de Educación, Marisol Díaz, explicou que a Xunta "está a traballar na elaboración dunha convocatoria para distinguir os graos impartidos nas universidades galegas cun selo de grao innovador".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2023 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar o recoñecemento da docencia innovadora entre os graos universitarios do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Para iso teranse en conta criterios como a estratexia e resultado do grao, o itinerario formativo, o deseño da aprendizaxe, o profesorado, a avaliación formativa e a empregabilidade da titulación universitaria.

A portavoz de Educación, Marisol Díaz, explicou que a Xunta "está a traballar na elaboración dunha convocatoria para distinguir os graos impartidos nas universidades galegas cun selo de grao innovador, profundando na estratexia de priorización da excelencia".

"Trátase de apoiar ás universidades no avance do seu modelo educativo e no proceso de adaptación ás transformacións demandadas pola sociedade", indicou.

Co apoio unánime do Parlamento galego e a iniciativa do BNG, na mesma Comisión, a de Educación e Cultura, aprobouse demandar un pavillón deportivo para o IES Ferrol Vello, da citada cidade, unha demanda da comunidade escolar por ter que realizar as actividades de educación física noutro espazo o que implica, sinala a formación nacionalista, "soportar demoras de vinte minutos para achegar ao alumnado en bus desde IES ao pavillón".

O concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, asina un convenio co CITIC / Andy Pérez - Concello da Coruña. / Europa Press
O concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, asina un convenio co CITIC / Andy Pérez - Concello da Coruña. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta