Ethel Vázquez insta ao Goberno a reconstruír en paralelo os viadutos da A-6 porque "acurta prazos e implica aforros"

Pide "que deixe de estar impasible" e acelere a restitución dunha vía esencial por "competitividade, seguridade viaria e transcendencia económica"

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 25/03/2023 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, urxiu este sábado ao Goberno estatal a reposición total do viaduto de O Castro, na A-6, instando a que os dous sentidos se executen en paralelo, como "é habitual en obra civil", xa que "acurta prazos e implica aforros económicos".

En declaracións aos medios, a conselleira reclamou ao Executivo de Pedro Sánchez que "deixe de estar impasible" ante a problemática creada no saída norte de Galicia desde o mes de xuño do ano pasado, co afundimento do viaduto de O Castro, así como coas "graves deficiencias nos firmes" da que é a vía principal de saída norte de Galicia cara á meseta.

Sobre a execución, Ethel Vázquez apostou pola reconstrución de "viadutos paralelos", algo que, dixo "é o lóxico e o habitual en obra civil" e, ademais, está a levar a cabo o propio Goberno central en autovías como a A-54, Santiago-Lugo. O Goberno aprobou a reconstrución por trámite de urxencia da vía dirección Madrid, pero non así da dirección A Coruña.

Para a conselleira, a "reconstrución total" desta infraestrutura é de "imperiosa necesidade" tanto por "competitividade" e por "transcendencia económica" como por "seguridade viaria", polo que esixiu ao Goberno que "non escatimen recursos" e que actúen "coa mesma implicación e dilixencia" que o farían "se o colapso do viaduto acontecese en Cataluña ou en Valencia".

Zona na que se afundiu o viaduto da A-6 en O Castro, en Pedrafita do Cebreiro
Zona na que se afundiu o viaduto da A-6 en O Castro, en Pedrafita do Cebreiro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta