Falece un home tras unha saída de vía en Sarria

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 27/03/2023 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Un home morreu na tarde do domingo nun accidente de tráfico por saída de vía no municipio de Sarria, segundo informou 112 Galicia. No coche tamén viaxaba unha muller que non resultou ferida.

O accidente produciuse no lugar dos Remedios e ocorreu uns minutos antes das 20.00 horas deste domingo. Ata alí desprazáronse os servizos sanitarios, que nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

Tras recibir unha alerta a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, persoal do 112 Galicia pasou de forma inmediata o aviso aos Bombeiros de Sarria, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico, que interviñeron no lugar dos feitos.

Unha ambulancia acode a unha urxencia
Unha ambulancia acode a unha urxencia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta