48 persoas atendidas nun fin de semana con 35 accidentes nas estradas galegas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 atenderon a 48 persoas feridas nos 35 accidentes de circulación rexistrados nas estradas galegas ao longo do pasado fin de semana.

Segundo os datos facilitados este luns pola Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o venres foi a xornada con maior número de sinistros cun total de 14. A Coruña e Pontevedra foron as provincias con máis accidentes con 17 e 13, respectivamente; mentres que en Lugo houbo tres e en Ourense, dous.

Das persoas feridas, o 71% eran homes e o 29%, mulleres. Un 32% dos atendidos tiñan entre 45 e 59 anos. En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasiones atendéronse no propio lugar do incidente. Unha persoa faleceu no punto.

Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente  / Europa Press  / Europa Press
Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta