A reapertura do río Gafos podería converterse nun referente a nivel iberoamericano

Investigadores da UDC reinvindican o estudo científico deste tipo de actuacións

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

Investigadores da Universidade da Coruña reivindican o estudo científico da reapertura do ríos que contan con canles que unha vez foros soterradas para o desenvolvemento urbanístico, presentando ao río Gafos, en Pontevedra, como un potencial caso de estudo tralas inminentes obras de apertura e renaturalización do tramo urbano.

Río Gafos - Minube
Río Gafos - Minube

Seggndo sinala, no relativo ao estudo deste tipo de intervencións, o río Gafos podería converterse nun referente a nivel iberoamericano. “A reapertura do río Gafos podería ser aproveitada para profundar nos aspectos clave deste tipo de actuacións. Desde un punto de vista hidráulico, é interesante coñecer os efectos que terá esta acción na mitigación do risco de inundación e resiliencia urbana ante as mesmas. Ademais, o feito de que o tramo soterrado estea localizado no centro da cidade, aporta un gran interese dos efectos socio-culturais e económicos que traerá el desembovedamento do río”, explican no estudo.

Ademais, explican que ata a actualidade este tipo de estudos sobre a recuperación de tramos de ríos soterrados non está recibindo a atención “merecida”, sendo poucos os casos de estudo en España e Latinoamérica. Ante isto sosteñen que “a nivel teórico parecen claros os beneficios que traen este tipo de actuacións, pero é tarefa dos técnicos analizar e optimizar estes traballos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta