O ex presidente de Pescanova terá que ir á cadea tras non prosperar o seu recurso

O Supremo rexeita o recurso de aclaración de Manuel Fernández de Sousa-Faro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/03/2023 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A Sala Penal do Supremo desestimou o recurso de aclaración presentado polo expresidente de Pescanova  Manuel Fernández de Sousa-Faro contra a sentenza ditada o pasado 10 de febreiro pola mesma Sala no 'caso Pescanova'. Unha sentenza que o condena a un total de 6 anos de prisión (4 anos e 6 meses por delito continuado de falsidade nas contas anuais, en relación de concurso medial cun delito, tamén continuado, de falseamento de información económico-financeira, e 1 ano e 6 meses por delito de alzamento de bens).

O antigo presidente do grupo Pescanova Manuel Fernández de Sousa
O antigo presidente do grupo Pescanova Manuel Fernández de Sousa | Fonte: Pool - Arquivo

Polo tanto, Fernández de Sousa terá que ir á cadea ao rexeitarse este recurso. O Supremo sinala que "non ha lugar" a aclarar nin rectificar o extremo interesado pola representación procesual de Manuel Fernández de Sousa-Faro con relación á sentenza.

No documento, condenábase ao empresario a un total de seis anos de prisión por un delito continuado de falsidade nas contas anuais e por un delito tamén continuado de falseamiento de información económico-financeira. Todos eles polo chamado 'Caso Pescanova'.

INGRESO EN PRISIÓN

Pola súa banda, o avogado de Fernández de Sousa, Gonzalo Martínez-Fresneda, asegurou, en declaracións a Europa Press, que a partir de agora notificarase "como é habitual" o ingreso en prisión do exdirectivo, que se producirá "nos próximos días".

Segundo el, esta notificación podería levar a cabo "este xoves ou venres" e, por norma xeral, danse 10 días para ingresar, "aínda que neste caso poderían ser menos debido a que a petición deste aclaratorio xa atrasou a entrada no cárcere".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta