As obras da senda do Barbaña e a avenida das Caldas en Ourense estarán lista a finais de 2024

Ethel Vázquez asegura que a fonte termal construída pola Xunta con 120.000 euros non funciona pola "inacción" do goberno local

Por E.P. | Ourense | 29/03/2023 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

As obras de remodelación da senda do Barbaña e da Avenida das Caldas, en Ourense, estarán listas antes de que finalice o ano 2024 despois dun investimento da Xunta de 5,4 millóns de euros para habilitar dous tramos que formarán parte do itinerario "sustentable, accesible e seguro" co que pretenden conectar Ourense de norte a sur.

Así o avanzou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que visitou este mércores a zona, que será reformada a través dunha actuación para a que xa foi licitado o contrato das obras da Avenida das Caldas por un importe de 1,4 millóns de euros e as da senda entre Os Remedios e Expourense por case 3,8 millóns de euros.

O obxectivo, dixo, é poder ter finalizados estes tramos de senda a finais do 2024 e avanzar así en "a conformación do itinerario que conectará os principais equipamentos da cidade de norte a sur" a través de 5,1 quilómetros de sendas, cun investimento global da Xunta de máis de 8 millóns de euros.

"INACCIÓN MUNICIPAL"

Por outra banda, a preguntas dos xornalistas, Vázquez Mourelle responsabilizou ao goberno local que encabeza o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, da entrada en funcionamento da fonte termal inaugurada pola conselleira e o alcalde fai dez días na zona de Os Remedios tras un investimento de 120.000 euros.

A conselleira subliñou que a execución da obra era responsabilidade da Xunta e que ao concello lle correponde a súa xestión. "As accións responden por si mesmas", apostilou.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visita as obras do Barbaña, en Ourense
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visita as obras do Barbaña, en Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta