Traballadores de Navantia ameazan con "intensificar" as protestas se non hai avances

Os operarios do sector naval manifestáronse este xoves por varias zonas da cidade

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 30/03/2023 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Os traballadores de Navantia Ferrol ameazaron con "intensificar as protestas" se non se producen avances na negociación do novo convenio e o plan industrial. Asegurouno o portavoz do comité de empresa, Miguel Pol, durante unha mobilización que levou aos operarios do sector naval a manifestarse na mañá deste xoves por varias zonas da cidade.

A marcha arrincou sobre as 10,30 horas desde o estaleiro en dirección ao monumento ao 10 de marzo, no barrio de Recimil, e desde alí regresou ás instalacións industriais, previo paso pola praza de España.

"Estamos a reclamar investimentos, un dique de nova construción, un compromiso incumprido deste goberno e recollido no anterior plan industrial", incidiu o responsable sindical antes de engadir que outras reivindicacións pasan por incorporar "máis persoal".

Pol pediu "un plan de formación para as industria auxiliares" e, interpelado polos medios de comunicación ante o anuncio do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de incorporar no futuro ata 1.500 traballadores, o integrante de CCOO sinalou que, polo momento, veno como unha "falta de respecto".

Mobilización dos traballadores de Navantia Ferrol este xoves
Mobilización dos traballadores de Navantia Ferrol este xoves | Fonte: Europa Press

POSIBLES CONTRATOS

En canto aos posibles contratos, Pol detallou que polo momento non hai pechada unha carga de traballo. Así apuntou que "o que hai son previsións, unha memoria do entendemento coa Armada de Arabia Saudita ao redor de cinco buques, pero non se especificaron e nin sequera está concretado o propio contrato".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta