Galicia rexistra 769 casos activos de covid, con sete pacientes en UCI

Por E.P. | A CORUÑA | 04/04/2023 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 769 casos activos por covid, con sete pacientes en unidades de coidados intensivos (UCI), segundo o último parte facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, con datos actualizados ás 18,00 horas do luns.

Do total de casos, --que supoñen un ascenso respecto ao dato facilitado o luns, cun total de 751-- 164 corresponden á área da Coruña; 84 á de Lugo; 101 á de Ourense; 83 á de Pontevedra; 138 á de Vigo; 139 á de Santiago e 60 á de Ferrol.

Dos pacientes positivos, sete están en UCI e 123 en unidades de hospitalización, con outros 639 pacientes en domicilio, segundo o último parte.

Por áreas sanitarias, na da Coruña, hai 34 persoas ingresadas en planta e ningunha en UCI; na de Ferrol, son dez en unidade convencional e unha en UCI; en Lugo, catro e unha, respectivamente; 18 e ningunha, no caso de Ourense; en Pontevedra, 23 hospitalizados e dous en UCI; en Santiago, 18 en planta e un en UCI mentres que en Vigo son 16 e dúas, respectivamente.

Por outra banda, nas últimas horas abríronse 66 novos casos por covid, dos que 15 son da Coruña; un da de Ferrol; en Lugo, nove; en Ourense, nove; sete en Pontevedra; 12 en Santiago e 13 en Vigo.

En canto ao número de pacientes falecidos con covid desde o inicio da pandemia sitúase en 4.112. Mentres as persoas curadas elévanse a 692.533 e as doses de vacina administradas 7.641.688.

Proba PCR e antíxeno da covid
Proba PCR e antíxeno da covid | Fonte: JCCM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta