O presidente galego di que Galicia vai "polo bo camiño"

Advirte ao Goberno central de que tras os datos do paro "hai sinais de alarma".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2023 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que Galicia vai "polo bo camiño" na evolución dos datos do paro, á vez que advertiu ao Goberno central de que "hai sinais de alarma".

Preguntado por como concilia ambas as visións, a que é positiva para as cifras galegas pero crítica coas estatais, Rueda sinalou que o feito de que valore como "boas" as de Galicia "non quere dicir" non estar "preocupado", posto que "as perspectivas e a situación non é boa".

"Creo que para triunfalismos non estamos", advertiu, antes de evidenciar que "celebrar os datos cando son bos e dicir que é moito mellor que sexan bos que ao contrario, iso é lóxico e enténdeo todo o mundo".

En calquera caso, rexeitou "dicir que están solucionados todos os problemas" posto que "hai nuboeiros no horizonte". Respecto diso, a mensaxe que atribúe ao Executivo central sobre o desemprego lémbralle a cando escoita "que os fondos Next Generation están a repartirse á velocidade do raio, e que están a xerar moito impacto positivo", algo que cre que "non é certo".

Oficina de emprego onde teñen que acudir os parados para asinar mensualmente
Oficina de emprego onde teñen que acudir os parados para asinar mensualmente | Fonte: EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta