Ollando cara adiante

Voltando a vista atrás, e fixándonos ó longo da historia, podemos comprobar que sempre houbo moitas revoltas.

Por Óscar Castro | A Coruña | 14/02/2015

Comparte esta noticia
A meirande parte delas estiveron marcadas por un común denominador: desesperanza e desilusión, intrincadas polo arrebato e o requirimento, impostas por forzas de gobernos que afastaban e excluían a cidadanía dos seus dereitos fundamentais e lle requisaban de moitos xeitos as súas necesidades básicas, de xeito semellante ó que acontece hoxe en día. A diferenza é que no pasado moitas revoltas ficaron en tinguiduras e fervenzas de sangue, xenreira, carraxe, raiba e ira colectiva. 
 
Pola contra hoxe dispoñemos dunha ferramenta case universal e ó alcance de toda a cidadanía, que todo o mundo pode asior e empregar; unha ferramenta sinxela de manexar e con manual de instrucions onde se poden canalizar todos eses sentimentos e mudalos nun viso de esperanza e ilusión. Unha ferramenta que non mata, pero é moi letal contra este sistema neoliberal artellado por mentes sibilinas e imposto por impostores, os dos 3 'C' ( castas , caciques e casposos ).
 
Lémbrome que hai un ano un colega preguntábame: E ti pensas que... Podemos?
e resposteille: Pois! Xa é hora de Podemos!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Últimas de Óscar Castro
Óscar  López González Son licenciado en antropoloxía e socioloxia, e rematei estudos de enfermería e fisioterapia. Amais cursei dous anos de dereito. Fixen másteres en xestión de hospitais, ciencias da saude, en en neurociencias e en Traballo Social e Prevención de Riscos Laborais. Militei no BNG até o 2007, na era Beiras (antes de xurdir o bipartito) e pertenzo a Asemblea Republicana de Vigo e a máis movementos republicanos. Son activista e implicado tamén en varios movementos e plataformas cidadáns pola dignidade. Presentei un proxecto político organizativo e un manifesto para o proceso constituinte de Vigo, e en xeral diversas accións políticas para facerlle fronte ás castas nas municipais de 2015.