Enerxéticas e construtoras lánzanse ao mercado éolico en Galicia

Capital Energy e a construtora CRC asinan un convenio para impulsar o desenvolvemento de renovables en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2023 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A compañía enerxética española Capital Energy asinou un convenio de colaboración estratéxica co grupo galego CRC Obras y Servicios, co fin de impulsar o desenvolvemento de instalacións renovables en Galicia.

Segundo informou a compañía, este acordo enmárcase no "desexo" de Capital Energy de "fomentar o progreso socioeconómico de todos os territorios nos que opera", e contempla a posibilidade de que CRC participe na futura construción dos parques eólicos que a compañía de renovables está a promover nesta comunidade, sen excluír que tamén faga o propio con instalacións de enerxías limpas que se desenvolvan noutras rexións.

O convenio permitirá aproveitar sinerxías entre ambas as empresas, así como a "experiencia e valor engadido" de CRC, que conta cunha frota de maquinaria e un equipo profesional propios. Ademais, o documento subscrito tamén inclúe "o compromiso da construtora galega de que as subcontratas e subministracións necesarias para levar a cabo a obra civil sexan, na medida do posible, de carácter local e xestionados en estreita colaboración cos concellos implicados nos proxectos".

O director de Capital Energy, Diego Fabeiro, afirmou que este acordo con CRC enmárcase na súa Estratexia de Sustentabilidade, "un de cuxos alicerces fundamentais é o desenvolvemento socioeconómico e ambiental dos territorios" nos que a empresa leva a cabo a súa actividade, "a través do impulso ao tecido industrial local e a xeración de emprego, neste caso en Galicia".

Varias vacas pastan xunto a un aeroxerador eólico no Parque eólico de Montouto, da Serra do Xistral
Varias vacas pastan xunto a un aeroxerador eólico no Parque eólico de Montouto, da Serra do Xistral | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta