A Federación de Libreiros de Galicia renova a súa adhesión ao programa Carné Xove da Xunta

Realizará un sorteo mensual dun vale de 50 euros entre as persoas usuarias do Carné Xove

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2023 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Ramón Manuel Domínguez, renovaron este martes o compromiso de adhesión da entidade ao programa Carné Xove da Xunta.

O obxectivo é fomentar a lectura entre os mozos titulares deste carné, que seguirán tendo descontos do 5 % en libros e do 10 % tanto en papelería como en material escolar nos establecementos asociados que forman parte do acordo (case 110 librarías).

No marco deste acordo, tamén se realizará un sorteo mensual dun vale de 50 euros entre as persoas usuarias do Carné Xove, que se fará a través das redes sociais de Xuventude. A persoa poderá gastar ese vale en calquera das librarías adheridas.

Por outra banda, a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación comprométense a establecer sinerxías nas feiras do libro dentro deste programa. Dese modo, levarán a cabo acciones como a promoción de artistas noveis ou participantes no certame Xuventude Crea nas especialidades relacionadas, como novela curta ou poesía.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asina un convenio de colaboración conel presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Ramón Manuel Domínguez.. CONCHI PAZ
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asina un convenio de colaboración conel presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Ramón Manuel Domínguez.. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta