Sanidade defende a "eficacia" dos contratos "a dedo" para a compra de medicamentos

Comesaña aposta por menor burocracia neste ámbito mentres Prado (BNG) reprocha que se beneficie a "familias e empresas amigas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2023 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xustificou a "legalidade" do emprego das adxudicacións sen publicidade, a través de contratos menores e os procesos negociados, e defendeu a "eficiencia" que achegan para a compra de determinados medicamentos para os que, nalgúns casos, existe "un único provedor".

Así o manifestou García Comesaña ao responder a unha interpelación formulada pola deputada do BNG Montse Prado, con datos baseados no último informe de contratación pública do Servizo Galego de Saúde (Sergas) do ano 2022 que anualmente recibe recomendacións e advertencias do Consello de Contas.

De acordo con estas cifras, o Sergas concentra o 90% de todos os contratos adxudicados 'a dedo' pola Xunta, unha proporción que subiu con respecto ao 64% do ano 2021. Segundo Prado, o Goberno galego leva "14 anos actuando de comercial para entidades privadas con escurantismo, sen transparencia, sen luz nin taquígrafos", deixando á sanidade pública "na UCI" mentres "familias e empresas amigas" contan con "moi boa saúde económica". Por iso, pediu unha "auditoría externa" para todos estes contratos.

Fronte á postura do Bloque, o conselleiro de Sanidade reivindicou que o Sergas é o organismo autónomo que conta con case 5.000 millóns de euros este ano, o 39,4% dos orzamentos totais cos que conta a Xunta en 2023. Neste contexto, García Comesaña cifrou en 60.000 os produtos sanitarios consumidos cada día no sistema, polo que "se ve obrigado a utilizar procedementos sen publicidade", que "están recollidos" na lexislación, porque moitos destes produtos con "exclusivos".

"Sería ineficaz e ineficiente debido á existencia dun único provedor", engadiu o titular de Sanidade, para recalcar en que estes procesos permiten unha maior "axilidade" e mellor "prestación" dos servizos farmacéuticos.

CASE O 30% "NON ALCANZAN Os 500 EUROS"

O conselleiro recoñeceu que o 90% dos contratos 'a dedo' practicadoss pola Xunta son do Sergas, pero pediu á deputada do BNG que se centre "no volume" e non "no volume económico". "En 2022, case o 30% dos contratos dos que vostede fala non alcanzan o importe de 500 euros e máis do 40% son de menos de 1.000 euros", esgrimiu.

De feito, García Comesaña pediu, na liña do reclamado pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef) e outras comunidades, que se adapte a lei estatal de contratación pública para reducir a "carga burocrática" cando se trate deste tipo de gastos sanitarios.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante ou pleno do Parlamento galego
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante ou pleno do Parlamento galego | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta