Nin estereotipos nin normas, a Xeración Z di "basta"

Cada vez máis preto da roupa sen xénero e dos fin dos estándares de beleza coñecidos ata o momento.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/04/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A roupa "genderless", é dicir, roupa sen xénero comeza a ser notoria non só a pé de rúa senón tamén nas pasarelas de moda. A sociedade en xeral busca poder expresar a súa liberdade mediante a roupa e para iso tamén recurren a finalizar ca normatividade establecida neste eido.

Moda genderless
Moda genderless | Fonte: Togayther.es

Así o recolle Estel Vilaseca, encargada de Área de Diseño e Moda da escola LCI Barcelona, "despois da pandemia, hai ganas de experimentar ca moda, sobretodo nas categorías masculinas onde nos dous últimos anos comezamos a ver homes con croptops e faldas, tanto na rúa como nas pasarelas", recalca.

Pero non só é a sociedade a encargada de facerse eco desta necesidade de liberdade senón que son varios os famosos que deixaron atrás os estereotipos de xénero. Entre estes persoeiros atopamos ao cantante internacional Bad Bunny quen non duda en pintarse as unllas, porse maquillaxe e vestidos tanto no seu día a día como para posar en revistas como a Harper´s Bazaar versión estadounidense. Outro dos destacados é o cantante Harry Styles cas súas xa características transparencias.

Pero esta ruptura do establecido non só se queda na cuestión de xénero senón que vai máis alá e busca a liberdade e variedade de corpos, deixando atrás a delgadez característica das modelos normativas e facendo un oco ás modelos curvy. "A expansión dos modelos curvy chegou para quedarse. É importante que as marcas sean máis diversas, non só ca imaxe senón tamén cunha oferta de tallaxe máis amplia", sostén Estel Vilaseca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta