Co gallo do 25 de novembro, do Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, o concello organiza unha programación chea de actividades na semana do 21 ao 27 de novembro.
  comenta   0
A psicóloga Iria Docampo ten observado nas aulas que os avances do feminismo coexisten cun reforzo de certos discursos reaccionarios que banalizan a violencia de xénero.
  comenta   1
A autodefinida como "drag pandereteira" afástase do pop e da cultura máis mainstream coa que se relaciona o drag, e espalla polo territorio galego unha mensaxe coa que reivindica a loita "cuir" rompendo estereotipos.
Alumnado de secundaria de Boiro, Brión, Bueu, Silleda e Viana do Bolo crean en Silleda microvídeos nos que advirten do impacto que teñen o bulos e o racismo en medios e redes na adolescencia.
  comenta   0
Unha tese da UVigo afirma que no contexto educativo existe un "silencio profesional" ante as situacións de abuso sexual infantil e que os centros escolares "non contan con protocolos específicos de actuación".
  comenta   0
O factor causal das desigualdades de xénero no mercado laboral está nas desigualdades de xénero no reparto dos tempos e dos traballos nos fogares. Apuntar o maioritario "absentismo dos homes nos coidados" e repensar os modelos de emprego son claves para alcanzar a igualdade.
  comenta   0
Un estudo realizado en Galicia entre profesores en exercicio e en formación afirma que “os que levan máis anos dando clase mostran actitudes menos homofóbicas e transfóbicas que os máis novos na profesión”.
  comenta   0
Obradoiros prácticos e charlas divulgativas para conmemorar o Día da muller e da nena na ciencia.
Trátase dunha das actividades do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, que trata de aumentar a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha un ano máis a súa campaña en favor dos xoguetes igualitarios e non sexistas, cuxa imaxe xa pode verse nalgúns dos autobuses urbanos de Vigo.
Galicia é a segunda comunidade autónoma cunha maior incidencia de suicidios. Estes datos poñen en relevancia as carencias que presenta o sistema de saúde mental en Galicia, aínda maiores se se teñen en conta as necesidades provocadas pola pandemia da covid-19 no que se refire á saúde mental.
  comenta   0
Un estudo levado a cabo pola asociación Amigas da Terra demostra o gran interese que teñen os universitarios por temas mediambientais, sobre os que están moi concienciados. Porén, non sempre se lles dan os recursos necesarios para levar a cabo un consumo máis responsable co medioambiente.
  comenta   1
As coplas tradicionais, as líricas propias e as sonoridades electrónicas fusiónanse, coma no caso de Midas, neste novo tema; que se acompañará dun videoclip que as cantareiras estrearán o venres 9 ás 00.00 horas na súa canle de Youtube.
  comenta   0
A falta de oportunidades laborais, a dependencia dos seus agresores e unha mentalidade machista arraigada fai que as mulleres do campo estean máis expostas a sufrir este tipo de abuso doméstico, segundo Fademur. A secretaria xeral de igualdade expón que xa se está traballando para mellorar a situación.
  comenta   0