Apartamentos na natureza da Fonsagrada, un proxecto seleccionado para a final dos Premios Arquitectura

Olladas de Barbeitos está entre as 12 propostas galegas seleccionadas polo Colexio de Arquitectos de España.

Por Galicia Confidencial | FONSAGRADA | 15/04/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O Colexio de Arquitectos de España deu a coñecer as 12 propostas galegas seleccionadas, dun total de 429 presentadas, para a seguinte fase dos Premios Arquitectura. Entre as seleccionadas atópase Olladas de Barbeitos, un conxunto de apartamentos galego, situado en plena natureza, foi deseñada da man dos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Xabier Liñares.

Apartamento da proposta Olladas de Barbeitos
Apartamento da proposta Olladas de Barbeitos

Olladas de Barbeitos foi seleccionado como unha das propostas destacadas no Concurso Nacional de Arquitectura na categoría de rehabilitación. O proxecto transformou un antigo espazo situado na Fonsagrada, dedicado á gandería nunha colección de apartamentos de deseño situados en plena natureza. O cortello era unha edificación feita no ano 1973, ampliada nos 90 e en desuso desde o 2008.

"A coidadosa rehabilitación deste espazo permitiu conservar a historia e a esencia da rexión, á vez que se adaptou para ofrecer aos viaxeiros máis esixentes unha experiencia única nunha contorna tranquila, privada e rodeada da beleza natural de Barbeitos na Fonsagrada, aos pés dos Ancares", explican desde Olladas de Barbeitos.

"Os nosos apartamentos están concibidos para ofrecer tranquilidade, privacidade e introspección, permitindo aos nosos hóspedes conectar e gozar plenamente da natureza en todo o seu esplendor", afirma Ana Belén López. "Estamos encantados de ser seleccionados para pasar á última fase do Concurso Nacional de Arquitectura do Colexio de Arquitectos de España e de poder compartir a nosa proposta turística co público".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta