Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/04/2023 | Actualizada ás 22:00
Varios expertos alertan sobre o impacto directo que pode ter o mal estado do planeta para o nosos sistema inmunitario. Así o defende Mireia Gascón, colaboradora do máster universitario de Saúde Planetaria UOC-UPF-ISGlobal, quen explica que a perdida da biodiversidade do entorno podería influír na pérdida da diversidade da microbiota das persoas.
A microbiota é un conxunto de organismos que se encarga de nutrir, protexer e inmunomodular os órganos nos que se encontran. "Unha pérdida de microbiota no noso entorno natural- porque no chan, nas augas e no resto de ecosistemas tamén hai microbiota- podería conlevar unha pérdida de microbiota no noso organismo" alerta Gascón, investigadora do Instituto de Sáude Global de Barcelona e experta en epidemioloxía ambiental.
Según o estudio Biodiversity intervention enhances immune regulation and health-associated commensal microbiota among daycare children, os nenos que cren en zonas máis verdes teñen unha microbiota diferente á dos nenos menos expostos a entornos naturales, isto fai que por exemplo, os primeiros teñan menos risco de padecer problemas na pel. Ademáis a alteración desta microbiota está relacionada con alerxias, enfermidades autoinmunes e incluso co cancro, entre outras.
MEDIDAS
Para evitalo, a investigadora Gascón, expón que "teríamos que evitar a invasión e destrucción dos hábitats e mellorar a calidade ambiental dos lugares onde vivimos". Outros expertos tamén recomendan como solución, que en zonas menos verdes como as cidades, recuperese espazo público para crear espazos máis verdes e con especies que requiran moita auga.
Finalmente, estos expertos tamén recomendan o uso do transporte público, bicicleta ou camiñar para reducir o CO2, xa que é malo para o planeta e para a saúde das persoas, e para mellorar a condición física e beneficiar así a saúde persoal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.