Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 18:35
O debate social, político e científico sobre a pertinencia da legalización do cannabis para uso medicinal e recreativo vén de lonxe, pero sigue estando de actualidade. Varios grupos parlamentarios presentaron nos últimos anos propostas de lei para legalizar o cannabis máis aló do consumo medicinal.
Os colectivos a favor dan argumentos como unha mellora a nivel económico ou a redución da violencia, que se trata dunha droga con baixo nivel de adicción e practicamente inocua para a saúde e de efectos psicolóxicos leves e con aplicacións medicinais.
Os grupos en contra, en cambio, sosteñen que o consumo de cannabis pode ser problemático. Argumentan que non hai ningún fármaco que se administre fumando. Alertan sobre os efectos que traería sobre a saúde mental a legalización, especialmente para a poboación adolescente con cerebros nunha etapa de desenvolvemento.
Ante isto, Regueifas da Ciencia volve cun debate sobre este asunto o xoves 20 de abril ás 19.30h na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Nel poderán escoitarse a catro expertos (dous a favor e dous en contra) falar do tema cun moderador e tempos pautados.
Os debates de Regueifas de Ciencia, que se celebran no Auditorio da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, poden ser seguidos en directo dende a sala (entrada libre), por streaming en www.regueifas.org/streaming ou poden ser vistos despois na web ou a través da canle de YouTube.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.