Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 22:16
Unha muller faleceu na Laracha ao envorcar o tractor que manexaba. A vítima quedou atrapada debaixo do vehículo agrícola, nunha leira de San Fins. Segundo informa o 112, ata o lugar dos feitos acudiron os bombeiros de Carballo, para liberar o corpo sen vida da muller, aínda que, á súa chegada, estaba accesible. O persoal mobilizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puido confirmar o seu falecemento.
Tamén se desprazaron ao momento os axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como os voluntarios de Protección Civil da Laracha, tras ser alertados polo 112 Galicia, que recibiu a alerta do accidente pasados uns minutos das 20,00 horas, a través dun particular.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.