Os médicos que sexan titores terán vantaxes como flexibilidade horaria, reserva de praza ou maior puntuación

Trátase do primeiro marco normativo que determina as resopanblidades dos titores e xefes de estudo que se dedican a formar profesionais sanitarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

Os profesionais sanitarios que asuman funcións de titor de médicos residentes poderán optar a beneficios organizativos como, por exemplo, gozar de maior puntuación nos concursos de traslados ou contar con flexibilidade horaria e máis acceso a actividades formativas.

Así o establece o decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria, que foi aprobado este xoves na reunión do Consello da Xunta. Trátase do primeiro marco normativo que determina as resopanblidades dos titores e xefes de estudo que se dedican a formar profesionais sanitarios.

O estatuto outorga a estes unha serie de vantaxes como flexibilida horaria, acceso a formación, reserva de praza ou maior puntuación nos baremos para ofertas de emprego, concursos de traslados ou carreira profesional.

PROGRAMAS DROGODEPENDENCIA

Doutra banda, a reunión do Consello deste xoves tamén aprobou un convenio coa Fegamp para financiar con 4 millóns de euros programas de axudas para as unidades asistenciais de drogodependencia. Estas unidades son de titularidade municipal e atenden cada ano uns 7.500 pacientes. Por primeira vez, a aprobación deste acordo adiántase ao mes de abril.

ECONOMÍA SOCIAL

Ademais, o Executivo autonómico acordou iniciar os traballos de redacción da segunda estratexia da economía social, que se fixa como obxectivo xerar 3.500 novos empregos para este ámbito ata o ano 2026.

Atraer talento e mellorar a súa competitividade son os dous eixos sobre os que, segundo explica a Xunta, pivotará este documento, que será elaborado de forma "trasversal" por distintos departamentos da Xunta.

Médico e prescrición de receita
Médico e prescrición de receita | Fonte: Icomen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta