Piden máis de tres ano e medio de prisión para unha empregada do fogar que roubou e estafou á anciá que coidaba

Apropiouse de 500 euros en efectivo e de diversas xoias, todas elas de ouro" que vendeu.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2023 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o martes, día 25, un xuízo por furto e estafa, delitos para os que Fiscalía pide para as acusada penas que suman tres anos e seis meses de cárcere.

Segundo recolle no seu escrito de acusación, a procesada, entre agosto de 2016 e xuño de 2017, prestou servizos como empregada do fogar no domicilio dunha muller, de 95 anos de idade, sito en Ferrol.

Nesa etapa, "aproveitando a liberdade de movementos que lle outorgaba o desempeño do seu traballo e coa finalidade de obter un inmediato e ilícito beneficio patrimonial, apropiouse de 500 euros en efectivo e de diversas xoias, todas elas de ouro" que vendeu.

Tras cesar como empregada do fogar, en xullo de 2017 e sen consentimento do prexudicada pero valéndose dos seus datos persoais e bancarios, contratou un combo de teléfono fixo e internet, así como catro liñas telefónicas móbiles.

Exterior da Audiencia Provincial da Coruña
Exterior da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta