Guerra de enquisas en Lalín

Unha enquisa publicada polo Faro de Vigo, dalle a Crespo unha maioría absoluta axustada e sitúa a Rafa Cuíña, con cinco concelleiros, mentres que outra do Partido Popular asegura que o actual rexedor gañará folgadamente. Polémica no Facebook entre o rexedor e un veciño.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 22/02/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Aínda quedan tres meses para as municipais e nalgúns concellos xa hai moito nerviosismo polo resultado electoral. Un deles é o de Lalín, onde a chegada de Rafael Cuíña, fillo do ex número dous do PP e tamén alcalde dese concello polo PPdeG, Xosé Cuíña, pode provocar cambios significativos no panorama municipal.

Xosé Crespo e Rafael Cuiña nun acto de homenaxe ao ex conslleiro Xosé Cuíña
Xosé Crespo e Rafael Cuiña nun acto de homenaxe ao ex conslleiro Xosé Cuíña | Fonte: Elc

Así, unha enquisa realizada pola empresa Estratexia de Comunicación para Organizacións 360, S.L. publicada polo Faro de Vigo, sitúa ao candidato de Compromiso por Galicia con entre 5 e 6 escanos, aínda que non sería quen de roubarlle a maioría absoluta ao actual rexedor, Xosé Crespo, que se mantería gobernando con entre 11 e 12 concelleiros. 

Segundo estes datos, o  PSdeG-PSOE baixaría ata colocarse con 2-3, ao igual que o BNG, que mantería cun exiguo 5,9% a súa representación. A enquisa apunta tamén que, de presentarse Podemos, AGE ou unha alianza destas forzas,  a través dalgunha outra plataforma, tería representación  que podería ser a costa do Bloque, que podería quedar sen ela.

Fronte a esta enquisa, o PP xa se apresurou a mover outra de fontes propias na que apunta que Crespo manterá a maioría absoluta de forma folgada, cun 50% dos votos. Deste xeito, revalidaría a súa maioría, con entre 13 e 14 escanos.

Este estudo popular, aínda que dan entrada no consistorio a Rafael Cuiña, suliña que será “con pouco máis do 5%” e un escano no pleno municipal. Deste xeito, o PSdeG manteríase como segunda forza con tres escanos, mentres que AGE-Podemos, de presentarse conxuntamente, obterían entre un e dous concelleiros, os mesmos que o BNG. 

Polémica en Facebook

Por outra banda, circula xa pola rede a dura resposta que o actual rexedor Xosé Crespo lle deu a un veciño a través do Facebook en resposta a unha crítica que o segundo deixara nun perfil desta rede social: “aínda van reventar das cheas, ainda que pouca era a perda, xa que eles se enchan como porcos, e que familias, non teñan nin comer un cacho de pan..”.

A resposta de Crespo non se fixo agardar: “Que tal, Fernando, acabo de ver este comentario no muro de Nico. Mira chaval eu non son ningún porco, levo dende os 24 anos traballando de sol a  sol, e ninguén me dou nada, conseguino a por a traballar, non sei se ti che pasou igual, pero vexo que tés moito tempo libre, para poñer a caldo aos demáis... pregunteille a Antonio Rodríguez por ti, porque estás na súa zona e confirmoume que estuveches traballando en Liñares, pois que sepas que para que ti puderas traballar alí, durante  un tempo eu tuven que moverme moito para conseguir a obra, polo que algún mérito  terei... Agora xa sei porque tiñas tanto interés en estar de amigo no Facebook, para ver o que digo e logo meter cizaña por detrás. Ala a ti, arrieiros somos, e no camiño nos toparemos”.

A respota do aludido, Fernándo Álvarez, tampouco se fixo agardar: “Ousexa, que dicir o que se pensa, eso e meter cizaña, pois na, anuleme vostede dos amigos, porque se pensa que con actos de intentar amedrentarme, me vai facer calar, aviado vai, digo o que penso, e se eso molesta sinto, no dixen co animo de chamarlle nada a ninguén, pero é unha forma de decir as cousas”. E noutro comentario engade “do de traballar no pazo de Liñares si, é certo, estiven alí, pero tamen lle vou decir algo, a min ninguén me regalou nada, traballei alí como o que máis”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Deza first

Non me gusta Crespo, pero ante a posibilidade de que Lalín se converta en propiedade dunha familia, todos votaremos PP. Non queremos volver ao século XIX.

1 Akribéstaton

1) Gostas do Crespo; 2) a possibilidade que mencionas é ridícula; 3) essa "possibilidade" valia quando "a família" era PP; 4) votarão PP mormente os ineptos e corruptos, como é costume; 5) o século XXI é [con]sequência do século XIX.

5 Carlos Medelo

Pero qué empresa fai a enquisa do PP???? En Lalín todo o mundo sabe que o PAC e Cuiña van subir moito, e o PP-PSOE baixar

4 bolseiro

Que casualidade que nesa empresa que tan bos resultados lle dá a Cuiña traballe un tal Paulo Carlos López!

1 Xan do Porto

Dende logo que o posto de concelleiro de Cuiña vai ser o máis custoso de Galicia. Vaia investimento que leva o rapaz

3 Doutor Moreno

Pois Porco, o tal Crespo, non será....mais a Cara, de fozar na meseira, tenna todiña como se surichase colesterol- do malo -polos poros da epiderme.....un oink, oinksaúdo doutro tan porquiño coma él....é que un bo cocido non hai quen o deixe no prato.....

2 Curuxa

"Enquisa do PP"... pero Quen a fixo, Rueda ou as secretarias? Digo porque non pon nin que empresa a fixo