Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2023 | Actualizada ás 17:47
O candidato de Ferrol en Común á Alcaldía de Ferrol, Jorge Suárez, detallou que unha das prioridades desta formación política no seu programa electoral das próximas eleccións municipais de maio pasa por apoiar "o deporte de base" e tamén "reformar e mellorar as instalacións" de titularidade municipal.
"As nosas propostas pasan por unificar eses espazos onde se practican día a día os adestramentos", explicou, para seguidamente destacar que as protestas "do deporte base neste mandato, con diferentes mobilizacións, está máis que xustificada".
Nunha rolda de prensa ofrecida na mañá deste luns xunto a un dos integrantes da súa lista electoral, Jacobo Lamas, ex xogador do equipo de fútbol sala O Parrulo Ferrol, Suárez pediu tamén que "se involucre a Xunta en pavillóns que foron construído nos anos 80 e 90 e que deixou abandonados, porque o Concello non ten os recursos propios necesarios para acometer tanta reforma".
A CABANA
En declaracións aos medios de comunicación, Jorge Suárez incidiu en que "outra peza fundamental nesta cidade", que "está moi desatendida", é o espazo da Cabana, "unha oportunidade tanto para o sector turístico como para lecer".
"Cremos que o deporte como actividade social non debe limitarse unicamente a competición, senón que debemos tamén promoverse o deporte na rúa, actividades onde a igualdade sexa un valor a ter en conta, actividades que non estean unicamente relacionadas co deporte federado, senón tamén aquelas que deben atender ao deporte como actividade biosaludable nos nosos maiores", resumiu o candidato.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.