Despois de que a RAE recomende 'Sangenjo', agora TVE defende o uso de 'La Toja'

A defensora da audiencia da canle pública asegura que nos informativos estatais deben empregar sempre os topónimos en castelán, ignorando a lexislación autonómica

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2023 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A defensora da audiencia de TVE respostoulle a unha cidadá galega que protestou polo uso do topónimo deturpado de "A Toxa" nun programa da canle pública asegurando que, segundo os servizos xurídicos da corporación pública, o nome da Toxa non aparece no rexistro de entidades locais, "pretendendo facer pasar a illa arousá por un concello e obviando que, aínda que así fose, o artigo 10 da LNL continúa en vigor", sinala a Mesa pola Normailización Lingüísitca nun comunicado. 

Manifestación da Mesa pola Normalización Lingüística na Illa da Toxa, no Grove, para defender o topónimo oficial fronte ao Foro La Toja
Manifestación da Mesa pola Normalización Lingüística na Illa da Toxa, no Grove, para defender o topónimo oficial fronte ao Foro La Toja | Fonte: A Mesa - Europa Press

TVE afirma na súa resposta formal á espectadora galega que o seu Manual de Estilo a obriga a ser "especialmente escrupulosa en el respeto a la toponimia conforme a la legalidad vigente", pero defende que "cuando se trate de localidades que poseen oficialmente dos nombres, uno en castellano y el otro en la lengua cooficial, pero ninguno ha sido cambiado mediante una ley de las cortes generales, se deberá emplear el más utilizado por la audiencia, (si es el informativo nacional, se debe usar el castellano)".

A Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse á defensora da audiencia, para informala de que o artigo 10 do artigo da LNL que sinala que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega" e engade que "corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia".

Neste sentido, A Mesa aproveitou a resposta á TVE para informala tamén dos incumprimentos reiterados da lexislación audiovisual nas porcentaxes de uso do galego e diposñibilidade de contidos en galego para menores de 12 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 patético...

Ignorancia, paletismo español rancio, incumprimiento das leis ...(ainda que o resto as temos que cumprir...) o de sempre... egpaña... Pero o verdadeiro problema non é a RAE senon o noso governo e os pretendidos medios de comunicación... que comulgan .... pois amén¡¡¡

2 Moine

A dignidade é mais alta que o pam, mais alta que la própria supervivência; por isso Galiza tem que deixar de formar parte do reino boubónico de Espanha. A independência é o único caminho.

1 Papuxa

De España: nin bo vento nin bo casamento¡