180 estudantes galegos participarán na final da Liga Maker Drone, cuxo reto e limpar os océanos ca axuda dun dron

Os equipos tiveron seis meses para deseñar e construír un mecanismo de recollida de residuos, que debe ir instalado sobre o dron que lles facilitou a organización

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2023 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O próximo 5 de maio terá lugar no Coliseum da Coruña a gran final da segunda Liga Maker Drone, impulsada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) co fin de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as novas xeracións.

Un total de 180 estudantes de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de 18 centros escolares de toda Galicia participarán nesta xornada de exhibición, na que porán a proba as solucións que desenvolveron para resolver o reto desta edición: limpar os océanos con axuda dun sistema dron.

Os equipos tiveron seis meses para deseñar e construír un mecanismo de recollida de residuos, que debe ir instalado sobre o dron que lles facilitou a organización. A liga Maker Drone é unha iniciativa pioneira en España xa que se trata da primeira liga autonómica escolar de drones na que os participantes deben construír un sistema enfocado á solución dun problema social.

Dron
Dron | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta