Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2023 | Actualizada ás 15:16
Este 25 de abril o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, confirmaba que a Xunta autorizou 75 parques eólicos, o 63 por cento dos que completaron a tramitación. Uns proxectos que para ecoloxistas, oposición e numerosas asociacións terán un "forte impacto ambiental" en amplas zonas de Galicia. Con todo, desde o Goberno galego insisten en defender a "legalidade xurídica" destes proxectos.
Dous días despois dese anuncio, o presidente Alfoso Rueda inistía en que o seu goberno está cumplindo escrupulosamente a legalidade nesta materia e, para confirmalo, suliñaba que ao redor do 48% dos proxectos eólicos que chegaron a fase final de tramitación "non foron aprobados". Por iso, criticou a aqueles que din que a Xunta "non ten criterios técnicos nin ambientais".
O pasado domingo, 23 de abril, miles de persoas rodearon simbólicamente o edificio central da Xunta en San Caetano para denunciar o "boom eólico". Preguntado por esta oposición social, Rueda inisistiu en que a Xunta está facendo o seu traballo e cumprindo coa legalidade. "Non é verdade que non teñamos criterio porque case o 50% dos proxectos quedaron polo camiño",suliñou.
Ademais, destacou que case a terceira parte dos aprobados tiveron que reducir a potencia que tiñan inicialmente. "Hai unha garantía total de que o que non se pode autorizar, non se autoriza pero o que cumple con todos os criterios ambientais, pois ten que seguir adiante", engadiu. Por outra banda, Rueda criticou ao Goberno de Sánchez e os proxectos que se impulsan desde Madrid. "Non sabemos o estado de tramitacion dos do Goberno central", criticou.
Os parques galegos aproboados teñen no seu conxunto 1.958 megawatts. Desta maneira, Galicia convértese na primeira autonomía que o logra para os proxectos vinculados ao fito do 25 de xaneiro, de tramitación da DIA --declaración de impacto ambiental--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.