Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2015 | Actualizada ás 20:53
“Estala unha treboada logo de coñecerse que Turismo de Galicia pagou 220.000 libras por un vídeo no só incluíu 45 segundo da paisaxe – e unha chea de mozas--”. Este é o titular co que un dos rotativos máis populares do Reino Unido, o Daily Mail, ilustra o malgasto que o Goberno da Xunta realizou na promoción do último vídeo do músico, polo que pagou máis de 302.000 euros.
O xornal inglés destaca o feito de que, dos máis de catro minutos que dura o vídeo, só 45 se adiquen á promoción de Galicia e que, parte do mesmo estea adicado a “unha festa rave cunha chea de mozas que se multiplican en cada escena e cada vez con menos roupa”. Ademais, o Daily Mail tamén salienta que parte das escenas que, supostamente, terían que ser gravadas en Carboeiro, poderían terse realizado en interiores.
De feito, no vídeo promocional que se puido ver ata o de agora e que foi retirado polo artista, eses 45 segundos aparecen no momento inicial do vídeo cunha patalliña que aparece uns segundos e que pon “Galicia. España”, tras o nome do cantante e os de Juan Magan e Yandel, compañeiros de reparto.
Con música de fondo aparecen os canón do Sil (Ribeira Sacra), o faro de Cabo Home (O Morrazo), a praia das Catedrais (Ribadeo), a ponte de Rande (Vigo), as paisaxes aéreas de Ourense, a muralla romana de Lugo, a catedral de Santiago, a Cidade da Cultura. Xa no transcurso da primeira parte do vídeo, aparecen escenas soltas da Torre de Hércules, a praza do Obradoiro e o centro histórico de Lugo.
Ante o rebumbio montado en Galicia, o propio Enrique Iglesias remitiu varios mensaxes nas súas redes sociais nas que anuncia que o vídeoclip será presentado públicamente o vindeiro 27 de febreiro. No seu tweet, e logo da polémica xerada, o cantante fai referencia a Galicia e á Xunta, o goberno que lle pagou para tentar quitarlle ferro ás críticas e tentar retificar a pouca promoción feita de Galicia nese vídeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.